Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Operación anticorrupción na sede de Unió Mallorquina en Palma
O resgitro deriva doutros casos de corrupción xa abertos nos últimos meses relacionados con este partido.
A operación policial dirixida pola Fiscalía Anticorrupción que se desenvolve esta mañá na sede de UM, en Palma, continuará ao longo do día con outros rexistros, segundo fontes xurídicas.
A operación deriva doutros casos de corrupción xa abertos nos últimos meses relacionados con este partido, segundo as fontes, que indicaron que non se sabe se logo se instruirá como un caso aparte ou as pescudas incluiranse dentro dunha das causas xa abertas.
O titular do xulgado de instrución número 8 de Palma, en funcións de garda, ordenou o rexistro de UM.
Efectivos da policía nacional rexistran desde as nove da mañá a sede de Unió Mallorquina (UM) na céntrica rúa Sindicat de Palma, informaron a EFE fontes policiais.
No rexistro participan os fiscais anticorrupción Pedro Horrach e Miguel Ángel Subirán, quen chegaron á sede de UM ao redor das nove da mañá.
Pouco antes das dez da mañá, o secretario xeral de UM, Joan Monjó, acudiu á sede do partido e non quixo facer declaracións aos xornalistas

Míriam Lopez 2do BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-02-2011 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal