Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os usuarios de Facebook dan o Óscar ao mellor actor a Javier Bardem
Segundo un estudo sobre grupos e seguidores existentes na rede social, 143.592 usuarios non teñen dúbidas: o español gañará o Óscar por «Biutiful». Os usuarios da rede social Facebook apostan por Javier Bardem como o gran favorito para facerse co Óscar ao mellor actor protagonista, pola súa interpretación en Biutiful , na 83 edición destes premios que se celebrará o vindeiro domingo en Los Ángeles.
Segundo un estudo sobre grupos e seguidores existentes en Facebook, realizado ata o 21 de febreiro pola empresa Vipnet360, 143.592 usuarios non teñen dúbidas: Bardem gañará o Óscar ao mellor actor protagonista. Séguenlle de cerca o actor James Franco (127 horas), con 140.342 seguidores, e Colin Firth (O discurso do Rei), con 132.223 votacións.
Pola súa banda, James Franco mantén nesta rede social a primeira posición na categoría de mellor actor, ao rexistrar 232 tweets/hora, seguido por Javier Bardem, con 125. Vipnet360 informa de que obtivo estas conclusións a partir dos tweets que os usuarios publicaron por hora durante o pasado 22 de febreiro.
Segundo a ferramenta do buscador Google, «Insights for search», que permite a calquera persoa descubrir as tendencias de procura por zona xeográfica e época, os favoritos a gañar a figura na categoría de mellor actor e actriz protagonista son James Franco e Natalie Portman.
Os usuarios tamén apostan pola película de Darren Aronofsky, Cisne negro, para facerse co premio na categoría de mellor película e na de mellor director, segundo un comunicado de Google.
En canto ás reproducións en Youtube dos trailers das películas nomeadas, o comunicado sinala que a máis vista é «Cisne negro», con 13 millóns de visitas. Séguena A rede social, con 5 millóns; TheFighter , con máis dun millón; Valor de Lei, con 600.000 reproducións, e O discurso do rei, con 544.000.

Beatriz Pereiro 2DO BACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-02-2011 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal