Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Gala do Cocido de Lalín (Pontevedra) contará coas actuacións de Melendi, Bustamante, Marta Sánchez e Nena Daconte
O multiúsos Lalín Arena, desta localidade pontevedresa, acollerá este venres a 'Gala do Cocido', un evento que será retransmitido en directo pola TVG e no que actuarán artistas como Melendi, Bustamante, Marta Sánchez, Nena Daconte ou Malvela, entre outros.

Así, a 'Gala do Cocido Especial Luar' será conducido por os presentadores Laura Casares e José Ramón Gayoso e no seu transcurso entregaranse os premios de Gastronomía de Galicia e os premios de periodismo gastronómico 'Álvaro Cunqueiro'.

En concreto, este último galardón recaerá en Informativos telecinco, pola difusión da gastronomía en reportaxes como 'O porco celta' e 'Magosto'; en Xabier Castro, polo libro 'Mesa e manteis. Historia da Alimentación en Galicia'; en Santiago Jaureguizar, polo artigo 'Hai percebes en marte'; e no programa 'Reporteiros', da TVG por 'A cultura do pracer'.

Por outra banda, os premios de Gastronomía de Galicia no apartado de potenciación da cociña galega recibirano Casa Pardo, de A Coruña; Restaurante Sanxenxo, de Madrid; Casa Aurelio, de Zúrich; Embutidos Lalinense e Turgalicia.

Por último, os premios 'Toda unha vida' recaerá nos restauradores Milagros Ramallo Blanco, de Casa Ramallo; Eva Pérez González, de O Cantábrico; Milagros González Conde, de O Barazal; e Manuel Gómez Carpintero, de O Pirata.

Elena Fernández 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-02-2011 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal