Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Inagúrase a web oficial do escritor Lois Pereiro, homenaxeado en 2011 co día das Letras Galegas
A rede conta desde este xoves co sitio oficial do poeta e escritor Lois Pereiro, un lugar que pretende servir de medio comunicativo de todo o relacionado co escritor monfortino, ao que se lle dedica o día das Letras Galegas de 2011.

A web serve ao mesmo tempo para dar a coñecer a obra de Lois Pereiro e as influencias que deixa na doutros artistas e para publicitar os distintos actos que se vaian programando con motivo da homenaxe que se lle rende este ano. Así, conta xa con varios eventos axendados para os meses de marzo, abril e maio na sección 'Convocatorias'. Na sección 'Contidos' pódense consultar extractos da obra de Pereiro e outros autores como os deseños Séchu Sende, as fotografías de Xurxo Lobato, etc.

Tamén se pode interactuar no espazo dedicado a comentarios ou enviar calquera traballo ou comunicación cos editores da web para achegar á figura deste autor.

A documentación achegada e o compoñente multimedia atraen ao usuario cara a unha páxina que busca traer á superficie a obra dun literato que, a pesar da súa curta vida, deixou selo propio dentro da literatura galega polo peculiar do seu ciclo vital, amosado na súa obra poética ou nas publicacións que puxo a andar ou nas que escribiu.

Noemí Nieto 2ºA
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-02-2011 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Moi ben! esta páxina sirvenos par#blgtk08#a o traballo que debemos facer.
Comentario por Isaura (26-02-2011 22:01)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal