
O temporal de frío que azouta a gran parte de Europa obrigou a varios aeroportos españois a cancelar 69 voos con orixe ou destino en seis aeródromos de Reino unido, Alemaña e Italia, segundo fontes de AENA.
O máis afectado ás 15.00 horas era o aeroporto de Gatwick, coa cancelación de 32 voos, seguido de Heathrow, con 28 voos suspendidos. O mal tempo en Frankfurt tamén levara a cancelar 5 voos, mentres que se rexistraban 2 voos afectados con orixe ou destino en Florencia e 1 en Bristol e en Munich.
Os principais aeroportos de Reino Unido, Bélxica e Holanda rexistran cancelacións e importantes atrasos, mentres que Alemaña recupera lentamente a normalidade e os maiores aeroportos do país están en funcionamento, aínda que de forma algo precaria, xa que moitos acumulan atrasos e anulacións en moitas das súas rutas.
En Italia, o aeroporto de Orio ao Serio, próximo a Milán, aos poucos recupera a normalidade, despois do peche de onte pola tarde de dúas horas de duración que levou á aeroliña de baixo custo Ryanair a suspender 28 voos, entre eles varios con destino a España.
Julian Iglesias 1º A Bach |