Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Concello reafirma a súa aposta polas políticas de Benestar Social coa rehabilitación do Fogar do Transeúnte para mellorar a calidade de atención ós máis desfavorecidos
O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez inaugurou as obras de rehabilitación do Fogar do Transeúnte, realizadas polo Concello co financiamento do Fondo Estatal de Investimento Municipal. Con esta intervención, o Concello consolida a súa aposta pola potenciación dos equipamentos de benestar social, neste caso coa finalidade de dignificar estas instalacións e dotar da maior calidade de servicio ós máis desprotexidos.
As obras consistiron na rehabilitación das dependencias do albergue municipal para facilitar aloxamento e servicio nas mellores condicións ás persoas con problemáticas de integración social que chegan á cidade para unha corta estadía e non disponen de aloxamento onde pernoctar (unha media de 15 persoas ó día). O investimento realizado polo Concello ascendeu a 650.000 euros, entre a execución das obras de rehabilitación, realizadas por Proyecon Galicia, e o equipamento do inmoble.
Rehabilitación integral dun edificio centenario
O proxecto consistiu na rehabilitación integral deste inmoble, datado catastralmente no ano 1910, coa finalidade de mellorar a súa habitabilidade e as condicións de uso, eliminar as barreiras arquitectónicas existentes e facilitar, na medida do posible, unha maior intimidade dos transeúntes, ademáis de xerar espacios de convivencia e desenvolvemento de actividades e dar cumplimento ás normativas actuais que rixen este tipo de servicios. Coincidindo coa reforma, o Concello amplía o horario de apertura do albergue (antes era de 20:00 a 8:00 horas), para prestar tamén atención pola tarde, adiantando a apertura ás 15:30, con monitores que desenvolverán actividades cos usuarios.
A rehabilitación do Fogar do Transeúnte é un dos proxectos de maior volumen inversor executados polo Concello co financiamento do Fondo Estatal de Investimento Municipal, que deu apoio a un total de 62 proxectos na cidade, que supuxeron un investimento total de 17.724.558 euros, e propiciaron 714 postos de traballo en Ourense.


Fátima Carballo Río 2ºB Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-11-2010 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal