Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Uxía, cantante con espírito galego
Uxía goza escribindo palabras e músicas que saen sempre do máis profundo e íntimo do seu ser. Máis de vinte anos de carreira artística convértena nunha das voces máis populares e valoradas da nosa lingua.
“A emoción e a experimentación musical son dúas constantes na miña vida.
O contacto e aprendizaxe doutras culturas marcan toda a miña traxectoria de máis de vinte anos. Galiza e a súa inmensa riqueza artística, as súas voces femininas e a nosa poesía acompáñanme no meu traballo desde a raíz. Esta tradición medra fluíndo con territorios portugueses, brasileiros e africanos, o que deriva nun son plural, íntimo, cálido e fresco no que me recoñezo.
Mirar ao atlántico é un horizonte que me fala para eu expresarme máis alto e máis claro. Ese mar que nos une transvasa músicas de ida e volta nun eterno navegar de sentimentos. Ofrezo así a miña voz como instrumento que non minte, e desembarco en portos de esperanza, amor e desamor, compromiso, tenrura e alegría, nunha síntese da miña inquedanza vital.” Esta é a maneira de como ela define o seu último traballo, Eterno navegar. Por todo isto e moito máis é unha artista que reflexa o seu espírito galego, porque así o sente.

Antía Rivas Oural, 1ºA.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-11-2010 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal