Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Morre aos 97 anos Francisco Fernández del Riego

O intelectual e escritor galego Francisco Fernández del Riego faleceu aos 97 anos no seu domicilio da praza de Compostela, en Vigo, segundo informaron hoxe fontes de la Real Academia Galega (RAG), da que exerceu de presidente. Galardoado con varios premios, Fernández del Riego estaba considerado como un dos grandes impulsores de la cultura e a literatura galegas.

Nacido en Vilanova de Lourenzá, en Lugo, no ano 1913, foi unha das figuras máis relevancia do ensaio e a crítica literaria galega. Avogado de profesión, comezou a militar nas filas do galeguismo durante o período republicano, intervindo en diversos proxectos do grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos.

Fernández del Riego contribuiu a favorecer a recuperación da cultura galega dende a Editorial Galaxia, da que foi un dos principais artífices xunto con Ramón Piñeiro e Xaime Illa Couto, e dende a Real Academia Galega, na que ingresou en 1960 e da que foi presidente entre novembro de 1997 e maio do 2001. Foi tamén un dos grandes promotores do Día das Letras Galegas.

Autor de numerosas publicacións, foi o impulsor de moitas actividades culturais, un apaixonado por Galicia que firmou co seu nome ou baixo pseudónimos como Salvador Lorenzana miles de artigos en xornais e revistas de América, Galicia, Madrid ou Cataluña, ademais de libros de divulgación referentes a temas galegos, creación, libros de memorias e tamén de viaxes.

Co seu pasamento extinguese un pouco máis unha xeración -formada segundo o propio Del Riego por Iglesia Alvariño, Carballo Calero, Luís Seoane, Ramón Piñeiro, Celestino Fernández de la Vega, Álvaro Cunqueiro, Marino Dónega, Celso Emilio Ferreiro, Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, entre outros- que protagonizou un papel substantivo na historia da cultura galega contemporánea.

Pasou a maior parte da súa vida en Vigo, e foi precisamente a esta cidade á que donou, no ano 1995, os seus fondos bibliográficos, documentais e artísticos, que se poden contemplar na Fundación Penzol, da que foi presidente ata finais do 2009.



MARIA GONZALEZ PEREZ 2º BACH

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-11-2010 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal