Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Casa da Cultura de Maside converteuse o pasado domingo no epicentro da cultura galega
AsistentesO pasado domingo 21 de novembro tivo lugar, no municipio de Maside, unha homenaxe a dúas figuras senlleiras do lugar, como é o profesor Víctor Campio Pereira, nado na parroquia de Garabás, e como foi o poeta e diplomático arxentino Francisco Luis Bernárdez Martínez, da parroquia de O Lago, falecido no ano 1978.
Un cento de persoas acudiu a cita, entre elas os presidentes da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín, e do Pen Clube, Luis González Tosar, ademais do académico Xesús Alonso Montero. O programa abriuse coa lectura dos acordos unánimes da Corporación de Maside para o nomeamento de Francisco Bernárdez coma fillo adoptivo do municipio, e de Víctor Campio coma fillo predilecto.
Foi o propio Tosar quen lembrou a traxectoria de Bernárdez, nado en Buenos Aires, os seus contactos coa emigración galega no país americano así como os contactos cos ourensáns Otero Pedrayo e Vicente Risco. Tamén lembrou a súa estadía en Santiago como colaborador do xornal 'El Pueblo Gallego' e a súa volta á capital arxentina, onde en 1952 foi o autor do 'Discurso encol do idioma galego', un documento que vai ser recuperado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para a súa difusión. O pergamiño co recoñecemento a Bernárdez foi entregado a Xosé Ricardo Rodríguez, voceiro da familia, mentres Víctor Campio recolleu o seu e asegurou que 'ós meus 82 anos, lembro en cada unha das poesías a miña infancia en Suirexe, en Garabás, tanto a fonte onde eu bebía coma o carballo da señora Balbina onde me columpiaba'. O poeta engadiu que 'a miña terra deume o código lingüístico dos garabaneses e gracias a este idioma abrínme paso na vida'.

O alcalde de Maside, Celso Fernández, foi o encargado de pecha-lo acto, tras unha lectura de poemas a cargo de dúas alumnas do colexio público da localidade. O rexedor recurriu ó dito de que 'o pipote sempre garda a esencia do primeiro viño' como exemplo para asegurar que 'Campio e Bernárdez tamén souberon gardar a esencia da súa terra'. Un xoven gaiteiro de Garabás despediu ó público coa interpretación do Himno Galego.


Mº Noemí Nieto Blanco 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-11-2010 15:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal