Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O documental galego «Memorias rotas» participará no mercado internacional de Ámsterdam
Rodado en Galicia e Asturias, está baseado nun romance popular que dá conta dos últimos momentos do Batallón Galicia. A longametraxe documental dirixida por Manane Rodríguez e producida por Xamalú Filmes e Televisión de Galicia, Memorias rotas, vén de ser seleccionada para participar nun dos mercados documentais máis importantes internacionalmente, o Docs For Sale de Ámsterdam, que se celebrará na citada cidade holandesa dende hoxe ata o próximo venres, 26 de novembro. Celébrase anualmente xunto co Festival Internacional de Documentais de Amsterdam (IDFA), e acadará este ano a súa decimoterceira edición. Nel, cada ano máis de 250 compradores, axentes de vendas e distribuidores internacionais poden visualizar arredor de 450 documentais escollidos dos milleiros presentados de todo o mundo e entre os que este ano figura o galego Memorias Rotas.
Este emotivo documental, rodado en Galicia e Asturias, está baseado nun romance popular que dá conta dos últimos momentos do Batallón Galicia, cando, frustrada a súa fuxida por mar, se perden no monte do Acevo sen que nada se volva a saber deles.


Laura Iglesias Vidal 1º Bach A
Comentarios (2) - Categoría Xeral - Publicado o 21-11-2010 00:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 eseeeeeeeeeee galegosssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssss#blgtk08#ssssssssss!!!
somosssssss a ostiaaaa
muy bueno el blog...
Comentario por cris (21-11-2010 01:03)
2 Cómprelle unha #blgtk08#ilustración xa.
Comentario por xián bobillo (21-11-2010 20:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal