Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ferrín: Galicia ten a mellor literatura da súa historia
O
presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Méndez Ferrín, recoñeceu hoxe que en Galicia existe neste momento "a mellor lingua literaria de toda a historia", o que se traduce en "os mellores escritores".

Así o declarou ante os medios, instantes antes de asinar un convenio de colaboración coa vicepresidencia primeira da Diputación Provincial de Lugo.

"Neste momento existe a mellor lingua literaria e os mellores escritores da historia de Galicia", afirmou Ferrín, quen abogó por conseguir políticas públicas a nivel de Estado, autonomía e locais "que fortalezcan a recuperación do galego".

Apuntou que a relación da RAG coa Xunta de Galicia é "excelente", aínda que asumiu que a situación do idioma galego, dixo, "é de dominio público que é de precariedad".

Defendeu o galego como a base da identidade de Galicia cando sostivo que "nós sen galego non existiriamos". "Non teriamos nin historia nin razón de ser sen o galego", agregou.

Pese á boa relación que apuntou coa Xunta, non ocultou que hai comportamentos e actuacións de lei que tratan de "minusvalorar este idioma".

Por iso avanzou que a RAG continúa adiante co seu recurso contra o Decreto do galego ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por entender que resulta "gravemente lesivo para o noso idioma e por iso estamos acudidos"


Emilio González 1º Bach A
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 21-11-2010 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Ferrín é outro que non ten medo do que debe dicir. Temos un excelente presidente da RAG, talvez por vez primeira na historia na nosa lingua desd#blgtk08#e Manuel Murguía. Escoitade con atención o que di e lede con esmeradísimo coidado o que escribe e comprenderedes que el é Galiza en estado puro.
Comentario por xián bobillo (21-11-2010 21:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal