Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

XXV PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL, TERESA GONZÁLEZ COSTA: “A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS”
Velaquí un novo premio Merlín que articula unha historia na literatura infantil e que conta con todos os ingredientes que se agardan dun libro destas características. Nel, Teresa González Costa, coñecida por ser gañadora dos premios teatrais Cunquiero e Manuel María con Sempre quixen bailar un tango e Pingueiras e tarteiras, e malia se tratar da súa primera incursión neste xénero, sabe conducirse polos condicionantes deste con indiscutible habilidade e solvencia.
A historia que recrea é sinxela: Serafina, filla dun ladrón de bicicletas un tanto enigmático, ten que vivir coa súa tía, dona Perfecta, unha ex soprano soberbia e totalmente fóra do mundo, tal vez un chisco prototípica e configurada de xeito natural a antagonista da proposta; este é unha personaxe cruel e egoísta características que mostran o seu proceder e a ridiculización que exhibe a través da súa propia conduta, xerando así situación marcadas por certas condicións para os lectores aos que esta proposta se dirixe. Ao seu carón, cómpre referise a Celerífera, nome da bicicleta que a rapaza considera como esencial na súa vida e á volta dela orbitan personaxes que axudan a deseñar a atmosfera, como, entre outros, o vello Elías, o seu amigo Milo e a panda de Martiño o Bravo, o inevitable inimigo de Serafina.
Sen esquecer as propias doses de aventura, a vida da protagonista, que discorre baixo a premisa de manter aceso o soño vocacional de ser equilibrista sobre a súa bicicleta, descansa en boa parte no futuro de Celerífera, obxecto case máxico ao que tal vez se lle podería sacar máis partido aínda que quebrase a verosimilitude da historia, que por outra parte xa concede fantasía á historia.
Ao mesmo tempo refléxanse problemas sociais que vive Serafina; as mentiras tendenciosas e unha inesperada vinganza chegan a desconcertala, de xeito que está afeita a loita, coas súas escasas armas, que debe sacar contra a hipocrisía social. Existe tamén un ritmo dinámico, unha presenza do mundo circense, alén das referencias de corte literario e musical, moi abondosas na obra.
Un bo comezo para esta autora que emprende o seu labor no xénero infantil.


Belén Sotelo 1ºBach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-11-2010 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal