Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

“Escribo desde o odio”
Gonzalo Hermo, gañador do Premio Xuventude Crea”, asegura que a sua poesía xorde do resentimento.

Gonzalo Hermo (A Coruña, 1987) é poeta e asegura que escribe desde o resintemento, desde o odio, desde a posición dalguén que se sabe marxinal. O seu primeiro libro, titulado Crac, valeulle o premio Xuventude Crea, convocado pola Xunta con esta denominación para substituír os GZcrea do bipartito. Está dotado con 3.000 euros e a publicación aínda que, ata agora, as obras premiadas apareceu só en formato dixital.
Crac xurdiu nun momento determinado do 2008 cun só poema, Escola de resentimento. A partir de aí, foise ampliando co tempo até convertese nun libro "de estrutura liñal, pouco marcada", onde desenvolve "a idea de escribir coma un resentido, con todo o odio contra a unha sociedade que expulsa cara ás marxes".
En realidade, engade, tampouco lle quedaba outra posibilidade que escribir como un marxinal porque "son alguén que se sabe marxinal, que quere estar nesa posición marxinal e escribir co odio contra os demais". El non elixiu esas latitudes periféricas senón que foi "a propia sociedade a que me fixo marxinal por ser un marica". Nese sentido, "son marxinal dobremente: como galego e como marica".
O libro pon sobre a mesa "a perversidade da sociedade actual" co obxectivo de "botala baixo para poder renacer: o marxinal necesita da destrución para autoafirmarse". Desde o seu punto de vista, "aos maricas dásenos unha posición demarcadora: servimos de contraposición ao que é o correcto. A perfecta familia burguesa sábese perfecta porque ve catro nacionalistas radicais con rastas, que traballan por dúas cadelas, e catro maricas ou bolleras pelexando polos seus dereitos, e dinse: ¡Que marabilla, nós non somos así! Nós, os diferentes, os indesexables, servímoslles aos perfectos para reafirmarse na súa perfección e eles devólvenos o noxo e a repugnanacia que senten por nós".
Sen dúbida, Gonzalo Hermo detecta avances na aceptación da diferenza, pero cre que é un avance enganoso: "O que entra no sistema é un varón ou unha muller de clase media, a poder ser con atributos acordes aos do seu sexo, sen pluma. Son individuos que dan unha imaxe de perfecta familia burquesa, economicamente solventes e, mesmo dignos de adoptar un fillo". Crac pretende todo o contrario desa falsa integración, "xorde por mor de ler a Judith Butler, a Teresa de Laurentis e a autoras do pensamento queer. Elas son o seu xermolo do libro".
No fondo, tamén se asenta Crac sobre doses de ironía e de contestación. Unha das súas dianas principais é o crítico e teórico Harold Bloom, que arremetía contra "as novas escolas feministas e queer por analizar a literatura desde unha posiicón marcada, claramente ideolóxica. Ao seu xuízo, tratábase de obras pouco importantes, que non trascendían o canon e trataban de botar abaixo a Shakespeare e a Cervantes. Crac é unha parodia de todo isto: escribo peor que Shakespeare ou Cervantes pero escribo contra eles. Esa é a idea central e a que lle dá unidade ao libro".

Samuel Gallego Mayor 1º Bach B
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 21-11-2010 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 a verdad e q o gonzalo este ten razonnnnnnnnnnnnn.......
#blgtk08#pero somo a ostia os galegos..

moi bo o blog jaja
Comentario por paula (21-11-2010 01:07)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal