Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cineclube Carballiño retoma a súa actividade tras sete anos de parón
O auditorio municipal da vila do Arenteiro se transforma de novo, o 19 deste mes, en sala cinematográfica grazas ó Cineclube Carballiño que retoma as proxeccións, tras sete anos de parón.

Comeza así unha nova etapa, grazas a un grupo de mozos, que pretende recuperar, entre a sociedade carballiñesa, o hábito de acudir periodicamente ó cine ampliando a actual oferta cultural e mantendo os obxectivos que se marcaron na súa creación, a finais da década dos 60. Non son outros máis cos de promover a cultura audiovisual galega na comarca e servir tamén de apoio e medio para calquera acto de interese dos cinéfilos.

A programación prevista para as próximas semanas concentrarase todos os venres en dous sesións diferentes, ás 20:30 e ás 23:00 horas, e hoxe se abre coa película “Amador”, que será ademais un estreo na provincia de Ourense, onde aínda non se puido ver. Conta a historia dunha moza inmigrante que durante o verao, ó ter dificultades económicas, encárgase de coidar a un ancián, Amador, pero este morre pronto. Está dirixida e escrita por Fernando León.

As entradas terán o prezo de 4 euros, que se quedan en 2 para os estudantes, parados e xubilados.

A xestora que leva actualmente o Cineclube ofrece ademais a posibilidade de adquirir un bono mensual de socio, que costa 10 euros que para os mesmos colectivos se reduce a 5.



Noemy Dopazo González 2ºB bach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-11-2010 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Nunca é tarde cando a dita boa. Unha excelente oportunidade para achegarse á Terra do Polbo non Paul e gozar de bo ci#blgtk08#ne. O cambio de datas, de setembro ao Nadal é propiciatorio á sétima arte. Os do Carballiño que fagan de anfitrións.
Comentario por xián bobillo (23-11-2010 14:21)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal