Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O BILINGÜISMO NA PRENSA ESCRITA DE GALICIA
Fun con meu pai a tomar algo a unha cafetería. Alí topou cos seus coñecidos e comezaron a falar das súas cousas: traballo, fútbol, partidas de cartas… Como me aburría collín un periódico para atopar algún tema para poder escribir no blog. Mirei un tras outro os periódicos de información xeral que tiñan alí: La Región; La Voz de Galicia e Faro de Vigo. Como se pode observar son os periódicos de tirada galega máis lidos na comunidade.
¿Cal foi a miña sorpresa? Atopei un tema do cal escribir. Parece unha cousa moi estraña que nos tres periódicos o idioma galego apenas existira. Páxina tras páxina non había case nada en galego.
Sorpréndeme que algunhas personalidades políticas de este país loiten para introducir o trilinguïsmo, cando os nosos periodistas non usan o galego; e non quero pensar que o que pasa e que non saben escribilo e que carecen de base na súa educación.
¿Onde está o galego na prensa escrita? ¿Por qué os periodistas non o utililizan? ¿Por qué non ai ninguén que proteste pola inxustiza lingüística? ¿ Onde está reflexado o noso idioma? ¿E que temos un idioma de segunda? ¿Estamos en Galicia? ¿Avergóñase do noso idioma?...


Adrián Lamas 2do BACH
Comentarios (2) - Categoría Xeral - Publicado o 20-11-2010 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Somos moitos os que protestamos. Pero son máis os que pasan ... E por desgraza, agora mesmo governan máis os que pasan..
Se un defende ou fala galego xa é radical, ... Galiza aínda e un povo acomplexado... A xente aínda ten medo a falar galego para#blgtk08# consequir un traballo... Os nosos pais non queren que pasemos o que eles pasaron. Na rede atoparás moito galego porque somos moitos os que estamos contigo, pedindo xustiza. Alégrame ler isto dun xove coma ti. Aínda hai esperanza.

Un saúdo
Comentario por Galefás (20-11-2010 23:15)
2 Ben falado. Por que non intentas para a próxima vez o L-V ou o Correo Galego en versión dixital? O baleiro é enorme, despois da desaparición da Nosa Terra e o mái#blgtk08#s ignominioso é que seguen recibindo subvencións autonómicas por apoiaren este idioma nos seus rotativos, sobre todo La Voz de Galicia, serán lambecús hipócritas?
Comentario por xián bobillo (23-11-2010 14:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal