Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A RAG publica o primeiro dicionario galego de termos sobre recursos humanos
Normalizar o uso da lingua galega no ámbito empresarial dos recursos humanos. Ese é o obxectivo que ten o novo Dicionario Galego de Recursos Humanos, o primeiro manual que aporta 1.300 denominacións en galego de 900 termos relacionados con este campo. A obra, realizada por Lucía Dans, Yolanda Maneiro e Inés Veiga, enmárcase no Termigal (Servizo de Terminoloxía Galega) e está coeditada pola Fundación Galicia Empresa. Ó acto de presentación, que tivo lugar na sede da Real Academia Galega, acudiron o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín; o presidente da Fundación Galicia Empresa, Benito Fernández González; o Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e unha das tres autoras do libro, Yolanda Maneiro.
"Elaborar este diccionario semellaba un proxecto atractivo", dixo Maneiro, quen avisou de que non se trata dunha compilación de contidos, senón dun "conxunto de 900 termos do ámbito dos recursos humanos explicados de maneira accesible para que o lector comprenda a grandes rasgos qué significa cada un". Falou a co-autora do carácter dinámico do campo dos recursos humanos –cambio nos vocabularios, neoloxismos–, e explicou que normalmente "os usuarios alleos a estas materias empregan erróneamente certos termos" e acaban por dicir cousas diferentes do que pretendían."Ás veces certos termos teñen consecuencias xurídicas moi precisas, hai que ter claros os conceptos".
O Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, apuntou que esta publicación pretendía "incorporar a lingua galega a todos os niveis" e gabou o traballo de Galicia Empresa: "esperamos seguir ofrecendo ferramentas e recursos para que se poida vivir con tranquilidade neste idioma", concluíu.
Benito Fernández amosouse satisfeito con que a publicación axude "na normalización do uso do galego nas empresas no ámbito interno e externo". Non obstante, sinalou que "isto en absoluto é suficiente para impulsar o galego". Lembrou un estudo do Instituto de Estadística que aseguraba que "un 60% das empresas galegas non usaron xamais o galego; se isto é así en realidade, é moi triste".
Pola súa parte, o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, indicou que "aínda existe, dentro desa Galicia do autoodio e a vergoña de si mesma, quen pensa que o galego é un inconveniente para gañar diñeiro,". Neste senso, comentou un caso dunha conserveira galega, da que non quixo dicir o nome, que distribuíu en Vigo, "por erro ou non", unha partida de bonito do Norte que ía ser vendida en Cataluña e que figuraba etiquetada en catalán. "Este feito xa revela a mentalidade de moitas empresas galegas", sinalou.

Isaura Apostolidis
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-11-2010 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Está a facer máis traballo a prol do galego a Rag desde que a dirixe Méndez Ferrín q#blgtk08#ue nos cento e pico anos atrás da súa historia! Curioso, non? Por que será?
Comentario por xián bobillo (23-11-2010 14:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal