Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rosa Quintana aposta pola conciliación da vida familiar e social en terra para os traballadores do mar
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou a "necesaria conciliación da vida familiar e social en terra para os traballadores do mar". Así o afirmou na inauguración das xornadas "Año del marino", que, segundo dixo, servirán para "facer visible este elemento fundamental da vida marítimo pesqueira e para achegarnos máis de preto ás solucións que debemos outorgar ás dificultades do traballo mariño e da súa relación coa sociedade".

Neste sentido explicou que a proposta de Galicia para a reforma da Política Común de Pesca plasma a aposta do Goberno Galego para mellorar a formación como avance no coñecemento e afirmación dos profesionais do mar e as condicións de habitabilidade e seguridade dos buques. "Avanzamos na nosa actividade en favor da seguridade, xa sexa preventiva ou destinada a atender os sucesos que poidan acontecer no mar", asegurou.

Na súa intervención, a conselleira enxalzou o mérito dos mariñeiros e pescadores polas súas circunstancias de traballo "xa que ás condicións complicadas do seu oficio hai que engadirlle a separación da familia e dos amigos e as dificultades derivadas da ausencia de comunicación" e expresou o seu respecto e a súa admiración polos familiares.

"As mulleres, irmás e compañeiras dos mariñeiros son tamén un referente de valentía, de constancia e de sobreposición", dixo. "Galicia débese ao mar, aos mariñeiros e ás súas familias", afirmou, e felicitou á asociación "Rosa dos Ventos" pola organización deste evento por ser un colectivo básico "para facer valer os dereitos mariñeiros e pescadores".

Míriam López Pérez
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 13-11-2010 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 E preguntáronlle a súa homónima x#blgtk08#ornalista pola dita conciliación?
Comentario por xián bobillo (23-11-2010 14:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal