Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Vueling enlazará A Coruña con París a partir da próxima primavera
A compañía Vueling anunciou hoxe que enlazará a próxima tempada de verán A Coruña e París (Charles de Gaulle) e que recuperará o voo a Amsterdam que xa se operou con éxito este verán. En total, a próxima campaña estival Vueling conectará Alvedro con cinco destinos directos -Amsterdam, Barcelona, Londres, París e Sevilla- o que suporá unha oferta total de 273.000 prazas, 11.280 máis en relación coa campaña de verán anterior (de marzo a outubro).
O novo voo a París operará tres veces por semana a partir do 27 de marzo e ata finais de outubro, e a ruta con Amsterdam, polo seu lado, manterase de xuño a setembro. O conselleiro delegado de Vueling, Alex Cruz, destacou nunha rolda de prensa ofrecida no Concello da Coruña o «compromiso» da compañía con Galicia.
«A nosa aposta por crecer en Alvedro é firme, e así o demostramos incrementando ano tras ano capacidade. A nova ruta con París, así como o retorno de Ámsterdam, son unha proba máis de iso», asegurou.
Pola súa banda, o tenente de alcalde e responsable de turismo, Henrique Tello, expresou a súa «profunda satisfacción» por esta noticia e manifestou que «é o resultado dun traballo ben feito durante anos por parte dunha cidade que soubo defender co seu esforzo económico os momentos difíciles que viviu o aeroporto de Alvedro». agradeceu a Vueling a confianza depositada no aeroporto da Coruña e o seu convencemento de que estas rutas serán un éxito de ocupación, porque París é o primeiro destino internacional dos coruñeses. Con estas novas rutas, o da Coruña convértese no primeiro aeroporto de Galicia en conexións internacionais.

Luis Pérez Almonte
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 13-11-2010 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Esa liña galego-gala d#blgtk08#ebía chamarse Vooing!
Comentario por xián bobillo (23-11-2010 14:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal