Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Allariz acollerá un curso de creación de blogues educativos do programa Prensa-Escola

A Casa dá Mocidade de Allariz será o escenario, durante os días 22, 23 e 24, dun curso sobre blogues e educación organizado no marco do programa Prensa-Escola de La Voz de Galicia.

O obxectivo desta proposta é facilitarlle ao profesorado involucrado no programa Prensa-Escola a adquisición de competencias tecnolóxicas para crear un blogue e administralo a través da ferramenta CMS Wordpress.

Preténdese que os profesores sexan capaces de crear e integrar o seu caderno dixital no proxecto educativo do centro, empregándoo como unha baza pedagóxica máis.

O curso, fundamentalmente práctico, está integrado polos seguintes contidos: orientación sobre a inclusión do blogue no proxecto global; o blogue como proxecto cooperativo; uso e familiarización coa plataforma Wordpress; compartir textos e imaxes en internet; dinamización do uso do blogue entre os alumnos como ferramenta de comunicación coa sociedade e, finalmente, xestión, mantemento e actualización do blogue.

Prácticas de contidos

O programa das clases estrutúrase en seis puntos que viran en torno ao plan de contidos exposto e que se enuncian do seguinte modo: O fenómeno dos blogues; como crear un blogue desde cero; deseño e legibilidad; ferramentas para os blogues, aspectos legais do uso e publicación nun blogue e administración de usuarios.

As clases impartiranse tomando como soporte o blogue de cada docente e crearase un blogue do curso para realizar as prácticas de contidos e ligazóns. Ao finalizar as tres xornadas de formación publicarase unha entrada sobre o interese do aprendido no proxecto Prensa-Escola.

As clases serán impartidas por Alberto Sacido Romero , responsable do blogue mestre do programa Prensa-Escola, que participa desde hai anos en proxectos de investigación e en grupos de traballo sobre o uso da prensa no currículo de secundaria e sobre a aplicación das novas tecnoloxías neste nivel de estudos. Actualmente é asesor da área de innovación educativa da Consellería de Educación e Ordenación universitaria.


Laura Barreiros Pérez, 2ºB bach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-11-2010 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Marco incomparábel para u#blgtk08#n curso de blog, non si?
Comentario por xián bobillo (23-11-2010 15:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal