Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ópera prima literaria de Vázquez de la Cruz, «Luz de Tebra», saudada como a gran sorpresa literaria do ano
Luz de Tebra, a ópera prima narrativa de Ánxel Vázquez de la Cruz, foi saudada onte como «a gran sorpresa literaria do ano» e unha obra que «pertence xa a gran literatura galega», no acto de presentación deste libro de contos, editado por Xerais, que xa vai pola súa segunda edición.

A profesora Dolores Vilavedra referiuse na súa disertación sobre Luz de Tebra aos seus catro eixos -situados en Santiago, Vigo, A Coruña e Tui-, destacando que «son un prodixio de síntese e intensidade que a min me recorda a Castelao». «Humor, lirismo e saudade», segundo Vilavedra, son as características da obra de Vázquez de la Cruz que, engadiu, «eran os tres elementos que Castelao explica ao longo da súa obra como os aspectos básicos da identidade galega».

Uxío Novoneyra, Carlos Oroza, Cunqueiro ou Manuel Rivas son algúns dos personaxes que transitan polas páxinas do libro. O oftalmólogo Manuel Sánchez Salorio comentou que tras ler a obra do seu colega «saímos máis identificados do país», mentres que o editor, Manuel Bragado, revelou un segredo: «Sabíamos que Ánxel era una narrador oral extraordinario, o que non sabíamos era que fose capaz de recollelo con esa capacidade sintética extraordinaria».

MARÍA GONZÁLEZ PÉREZ 2ºBACH

Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-11-2010 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Libro para ser descu#blgtk08#berto nas vacacións!
Comentario por xián bobillo (23-11-2010 15:02)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal