Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MERGULLO LINGÜÍSTICO NO RURAL
Todos os nenos
Once nenos de entre 6º de Primaria e 1º da ESO pasan unha fin de semana no rural para ampliar o uso da lingua galega e inglesa.
A fin de semana pasada, os nenos do colexio Divina Pastora ( Franciscanas) fixeron unha saida a casa rural de Sabariz,Concello de Rairiz de Veiga. O seu obxectivo era a convivencia de duas linguas o galego e o inglés. Foron acompañados por dous profesores, Maria Cristina Bravo Bosh (departamento de inglés) e Xián Xosé Bobillo Bermejo ( departamento de galego) ademais de dous país da ANPA ( Antonio e Mari). Os nenos visitaron particularmente o museo etnolóxico da Limia en Vilar dos Santos despois dunha pequena caminata dende a casa rural, ali aprenderon como se facían as cousas antes, como eran as casas, cales eran os utensilios que se empregaban para as diferentes tarefas, cales eran os faceres da muller e poder comparalos a dia de hoxe. Visitaron tamen a casa do avó da familia Bobillo, na que eles puideron observar como eran as cousas antes. Visitaron tamén Sandiás unha pequena aldea da zona na que puideron facer diferentes xogos para o uso da lingua galega e inglesa, pero agás todo non nos podemos esquecer de que era unha saida, e non todo pode ser aprender asi que os nenos tiveron tamen o seu tempo de lecer cantando no karaoke e cunha pequena festa de disfrazes. Cómpre dicir que esta iniciativa estivo patrocinado polos país, a ANPA e o equipo de normalización lingüística. Unha iniciativa como esta da moito que pensar, pois cada vez son mais os cativos que non saben como era a vida no rural antes. A inmersión lingüística non so estivo ben para o dominio da lingua galega e inglesa senon para poder observar como era a vida de antes e coñecer algunhas das suas costumes. De todo isto poderíamos sacar unha boa reflexión tentando incitar a todos os rapaces de Galicia para que tenter ir o rural e poder visitar distintas zonas de Galicia, para poder coñecer como era a vida dos nosos antepasados e disfrutar da preciosa paisaxe que temos.

Elena Fernández Silva 2º Bach A
Comentarios (3) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-11-2010 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Como é posíbel que esta noticia non suscite comentario ningún nin vaia#blgtk08# acompañada dalgunha ilustración? Estamos blogueando por bloguear, ou?
Comentario por xián bobillo (23-11-2010 15:03)
2 Elena, póñase en funcionamento e o segundo apelido dun dos organiza#blgtk08#dores non se corresponde co escrito, apenas co do seu avó paterno!
Comentario por xián bobillo (23-11-2010 15:04)
3 Por fin, máis vale tarde ca nunca. Parabéns #blgtk08#a estas vagorosas reporteiras Elena e Carme.
Comentario por xián bobillo (07-02-2011 20:02)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal