Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

¿VALORAMOS A NOSA LINGUA?
Cal pode ser a mellor maneira de renovar o discurso de defensa do galego e ademais responder ó movemento contranormalizador? Os colectivos contrarios a normalización xa o cambiaron, apelando ao “bilingüismo” e a argumentos como a “liberdade” e a non ”imposición”.
Segundo Xosé Luís Barreiro Rivas na transición e no principio da Autonomía fixemos un diagnóstico errado. Pensamos que o problema principal do galego fora a represión franquista, e que o eliminala o idioma se recuperaría. Pero o galego xa estaba desprestixiado na sociedade . Puxemos o galego onde non estaba : a escola, a televisión, administración,... Pero o seguinte paso debe dalo a sociedade : a empresa.
Menos optimista é o filólogo , vicerreitor de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo e coordinador do libro “ 55 mentiras sobre a lingua galega”, Henrique Costas,que dixo que a xente volve ter unha conciencia de que falar en galego é pecado, non se atreve a pedir que lle falen galego porque cre que iso é impoñer.
O director da área de normalización da universidade de Santiago , Núñez Singala, no sei libro “ En galego , por que non ?” sinala que un dos prexuízos máis comúns é que o galego soa mal. É moi difícil loitar contra prexuízos que non nos decatamos de que os temos. Se os rapaces de instituto pensan que o galego é de “paletos” e nacionalistas, hai que facelos reflexionar, se non lemos máis cousas en galego , cine . tecnoloxías,... Non é que haxa que escoller :aprender dúas linguas facilita a aprendizaxe dunha terceira, dunha cuarta,...
Deberíanse analizar cales poden ser os mellores argumentos para responder as mentiras do discurso contrario a normalización da nosa lingua : O GALEGO.

María Alvarez Álvarez 1ºA
Comentarios (6) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-11-2010 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Non acabo de entender eso de, "o seguinte paso debe dalo a #blgtk08#sociedade: a empresa"...
Alguén podería explicalo¿?
Comentario por Jacques (08-11-2010 12:12)
2 O tecido empresarial galego debe imitar o homónimo catalán e reverter de desprestixio en identidade fornecida o que ata agora foi a realidade mercantil, unha historia de desencontro co galego. Se non entedemos isto, aplicade a orella nos polígonos industriais e nas cámaras d#blgtk08#e comercio para comprobardes coas vosas aurículas que o galego brilla pola súa ausencia. Cando o noso idioma sexa importante desde o punto de vista económico transformaremos a realidade diglósica en castelán nun futuro plausible de mil primaveras máis para o idioma de noso.
Comentario por xián bobillo (08-11-2010 18:14)
3 Basear a recuperación do idioma nunha clase como a empresarial?Eso é darll#blgtk08#e importancia de mais a un sistema que xa ten mais da que deberia, non si?
Comentario por Jacques (08-11-2010 21:49)
4 Non estou de acordo, Jacques. Sabes de sobra que a #blgtk08#empresa sempre cómpre, e se é galeguista, mellor.
Comentario por xian bobillo (09-11-2010 15:57)
5 Ao final, somentes nos queda mercantilizalo todo?
<#blgtk08#br /> Alégrame crear debate, a ver se alguén mais escribe.
Comentario por Jacques (09-11-2010 23:53)
6 Jacques, o galego é moitas cousas, é un arco da vella de usos, e o mundo do diñ#blgtk08#eiro tamén debe falar galego, senón non hai reversión diglósica no noso idioma.
Comentario por xián bobillo (10-11-2010 18:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal