ENDLdivinapastora


Blog do ENDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As letras como industria, tema do 27º Galeusca
Escritores galegos, vascos e cataláns conversaron ao redor do papel das súas literaturas na creación de contidos para a industria cultural. Baixo o lema 'Unha viaxe con futuro', o 27º Congreso do Galeusca reuniuse dende o 29 de outubro até o 1 de novembro na Coruña. A Asociación de Escritores en Lingua Galega, organizadora do congreso, recibiu ós convidados cataláns e vascos, que dende o sábado e até o luns, debatiron ao redor de determinados temas, enfocados no papel da literatura como sustento creativo da industria cultural.
O sábado o fiadeiro que levou por título "A literatura como fornecedora de contidos da industria cultural: a literatura e o audiovisual" conta coa presenza de Raúl Veiga, Héctor Carré, Harkaitz Cano, Ander Iturriotz e Manel Bonany. Na mesa "As viaxes na literatura" están Xulio L. Valcárcel, Anxo Angueira, Urtzi Urrutikoetxea e Ignasi Riera.
Diego Amado Pardo é o mestre de cerimonias dun roteiro rosaliano que levou ós convidados por lugares senlleiros da cidade da Coruña.
O domingo celébrouse a mesa redonda "A literatura como modelo de convivencia de vellos e novos soportes", coordinada por Tati Mancebo e que contou coa presenza de Marcos Calveiro, Nikolás Zamarro e Guillem-Jordi Graells.
Pola tarde tivo lugar un recital poético acompañado de música no que participaron Olalla Cociña, Dores Tembrás, Nikolás Zamarro, Miquel Bezares e Xavi Díaz.

Alba Muñoz López

Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-11-2010 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 A historia do Galeusca deriva do Galeuska da diáspora, onde Castelao comandou un equipo de intelectuais galegos, éuskaros e cataláns, de#blgtk08# aí o acrónimo para loitaren polos intereses políticos e culturais destas nacións sen Estado na época da dictadura. A semente continúa.
Comentario por xián bobillo (08-11-2010 18:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal