ENDLdivinapastora


Blog do ENDL do Colexio Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Concello conciencia os máis pequenos da importancia da boa alimentación co programa Almorzos saudables, no que participan 646 escolares de Primaria
A Concellería de Educación do Concello de Ourense iniciou una nova edición do programa Almorzos saudables, dirixido aos escolares de 4º e 5º curso de Educación Primaria, co obxectivo de conciencialos da importancia do almorzo e do desarrollo equilibrado do seu crecemento corporal e intelectual. Para isto, O Concello conta coa colaboración dos centros educativos, que aportan comedores e os salóns de actos onde se desarrollará esta actividade.
A concelleira de Educación, Ana Garrido, asistiu no CEIP Vistahermosa, o comezo desta actividade para o curso 2010/2011, na súa cuarta edición, na que participarán un total de 646 nenos de 16 centros educativos.
O programa inclúe unha charla na que un técnico en Sanidade, co apoio dunha presentación en power point, instrúe aos alumnos sobre cal é a hora apropiada para realizar a primeira comida do día, cales dos distintos alimentos deben e non deben consumir así como os que deben evitar comer con asiduidad, así como os componentes de cada alimento e as súas cualidades e funcións dentro do organismo, para finalizar co cepillado dos dentes. O final da charla se lles pasa unha guía animada na que aparece un neno que non se alimentou ben e eas consecuencias dese mal hábito.
A actividade complementarase chuna visita á Praza de Abastos, onde os nenos coñecen a orixe do mercado, aprenden como se fai a compra e saen de alí cunha bolsa que contén algúns dos produtos comprados por eles mesmos (neste caso froita).
O programa conta este ano coa participación dos CEIP Vistahermosa, A Ponte, Manuel Sueiro, Albino Núñez, Prácticas, Couto, José García, Amadeo Barroso, As Mercedes, y los CPR Carmelitas, Luis Vives, Divino Mestre, Maristas, P.Feijoo, Guillelme Brown, San Pío X e Divina Pastora.

Fátima Carballo Río
Comentarios (1) - Categoría: Actividade En Ourense - Publicado o 06-11-2010 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 É incríbel comprobar a má alimentación matinal dalgúns dos nosos alumnos. Abonda verlles o desánimo e a inapetencia nos rostros. Alumnos mal alimentado, alu#blgtk08#mno na verza desconcentrado! Sen combustíbel, o cerebro non se activa para aprender. Almorzade san e forte antes de vir a clases e sacaredes mellores notas!
Comentario por xián bobillo (08-11-2010 18:26)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal