ENDLdivinapastora


Blog do ENDL do Colexio Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Seguimos a dárlle as costas aos ríos galegos
Políticos e ecologistas coinciden en recoñecer o problema que supoñen os vertidos continuados aos ríos Miño e o Barbaña. Igualmente coinciden en que unha das vías de solución, quizais a máis efectiva, é tómaa de conciencia de cidadáns e empresas da importancia de manter limpos as canles fluviales.

Manuel Doval, tenente de alcalde do Concello de Pereiro de Aguiar, apunta que 'Ourense viviu durante anos de costas aos ríos, e esa mentalidad hai que cambiala'. E é que, segundo sinala Doval, 'a contaminación non só vén producida polos vertidos dalgunhas empresas senón polos propios restos que botan á canle algúns particulares'.

Xan Carlos Fernández, delegado provincial de Adega, engade que 'habería que facer un chamamento público ás persoas ou empresas para que sexan conscientes de que están matando os ríos e expóñense a unha pena por cometer ese delito'. Ademais dese aspecto esencial da concienciación cidadá, apúntanse outras estratexias para loitar contra os vertidos incontrolados. 'Nós estamos traballando nun reglamento de vertidos que sexa eficaz e o máis claro posible', explica o tenente de alcalde de Pereiro de Aguiar.

Xan Carlos Fernández vai máis aló: 'A situación estáselles escapando das mans ás diferentes administracións. Quizais sería necesario convocar un comité de urxencia con todos os que teñen competencia e poñer en marcha un plan de actuación, con controis tanto das empresas como das marxes dos ríos'.

A alcaldesa de San Cibrao, Elisa Nogueira, apuntou ao Parque Tecnolóxico como o lugar desde o que con toda probabilidade saíu a toxicidade (espumas brancas) que a depuradora de San Cibrao non conseguiu filtrar e chegou ao río (os vertidos foron o 22 e o 25 de outubro). A alcaldesa sinala que 'somos un concello pequeno e non podemos facer máis'.

Fontes da sociedade xestora do Parque Tecnolóxico sinalaron que cando as empresas chegan ao parque, solicitan licenza de apertura e de vertidos ao Concello. E é ante este fronte ao que as empresas teñen que responder dos seus vertidos, xa que o Parque non ten ningún sistema integral de xestión de residuos. En todo caso, desde a gerencia 'non temos constancia de que estea saíndo ningún vertido do Parque, pero non podemos tampouco confirmar que non sexa así porque só prestamos servizos de apoio e asesoramiento', sinalou un portavoz.


Yago Eirey, 1ºA.
Comentarios (1) - Categoría: Actividade En Ourense - Publicado o 06-11-2010 16:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 O país dos mil ríos chora a fío polo abondono dos seus cidadáns. A auga vertebra a no#blgtk08#sa nación e dálle sentido a todo o que veña despois. O galego tamén morrería de sede.
Comentario por xián bobillo (08-11-2010 18:27)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal