ENDLdivinapastora


Blog do ENDL do Colexio Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O CGAI proxectará o documental 'Memoria do nacionalismo galego'
O Centro Galego de Artes dá Imaxe (CGAI) proxectará este sábado, día 30, ás 18.00 horas, o documental Memoria do nacionalismo galego, producido pola Fundación Galiza Sempre e IB Cinema. Nel, faise un percorrido polos 170 últimos anos da historia política, social e cultural de Galicia a través das voces de 27 protagonistas. Segundo informaron os responsables do proxecto, o documental fai un repaso á historia do nacionalismo galego a través das ideas e das organizacións políticas que o crearon, desde o rexionalismo do século XIX ata Castelao, o Estatuto de 1936 e a transición democrática.
O traballo, que será presentado polos seus directores, Xabier Macías, Comba Campoy e Xosé Zapata, reúne por primeira vez os máis destacados especialistas e protagonistas na traxectoria do nacionalismo galego desde mediados do século XIX ata a actualidade.
O documental recolle entrevistas a historiadores, teóricos, sindicalistas, políticos e intelectuais. En total, foron máis de 30 horas de gravación que se condensaron en algo máis de hora e media na que interveñen, entre outros, Xusto Beramendi, Xosé Manuel Beiras, Camilo Nogueira, Margarita Ledo, Avelino Pousa Antelo, Isaac Díaz Pardo, Pilar García Negro, Xosé Luís Méndez Ferrin, Bautista Álvarez, Anxo Quintana ou Xose Ramón Barreiro.
A Fundación Galiza Sempre conmemora con este proxectos os seus primeiros 10 anos de existencia, nos que organizou distintas actividades de divulgación da memoria histórica da comunidade autónoma galega e, especificamente, do nacionalismo galego.


Borja Pérez, 1ºA.
Andrea Estevez, 1ºA
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-11-2010 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Sería interesante que alguén, despois de encontrar a páxina de Cgai, fixese a x#blgtk08#estión de conseguir este vídeo para podelo proxectar nas aulas. Quen se atreve?
Comentario por xián bobillo (08-11-2010 18:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal