Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galaxia recoñece a Neira Vilas como clásico en vida
Xosé Neira Vilas, o escritor de Gres(Deza), será o primeiro autor vivo que conte coa súa Biblioteca de Autor de Galaxia. Deste xeito, o creador do neno Balbino recibe o recoñecemento de clásico en vida por parte da editorial que dirixe o escritor Víctor Freixanes. Antes de final de ano sairán os dous primeiros títulos que comporán a Biblioteca de Autor dedicada a Neira Vilas. Serán as obras máis destacadas da súa produción: Memorias dun neno labrego e Cartas a Lelo. Despois destas publicacións iniciais, chegará a quenda de Xente no rocidio, Lar, Nai, Pan, A muller de Ferro, Encrucilladas ou Remuíños de sombras.
A intención da editora é presentar a obra literaria de Neira Vilas ordenada historicamente, con cubertas do pintor Luís Seoane, con quen Neira Vilas tivo relación cando emigrou a Arxentina. E foi precisamente Seoane quen deseñou a capa da primeira edición de Memorias dun neno labrego en Bos Aires.


Antía Rivas Oural, 1ºA.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-11-2010 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Dentro duns anos, todos estudaremos a Neira Vilas co gallo do día das letras galegas. Arestora contentémonos de gozar dos #blgtk08#seus marabillosos escritos. Por que non propoñedes a lectura deste grade de Vila de Cruces para as seguintes avaliacións?
Comentario por xián bobillo (08-11-2010 18:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal