Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Benedicto cumpre o seu desexo de acudir a Compostela de peregrino
O portavoz do Vaticano, Federico Lombardi, móstrase convencido de que `a visita será un éxito´.
O Papa peregrina hoxe a Santiago de Compostela, primeira etapa da súa visita de dous días a España, que lle levará tamén a Barcelona, onde dedicará a Deus o templo da 'Sagrada Familia', óbra cume de Antoni Gaudi, considerada a gran catedral do século XXI. 'Viaxo como peregrino que percorre as vías do mundo con esperanza e sencillez. Vou como testemuña de Cristo Resucitado, co desexo de levar a todos a súa Palabra, na que poden atopar luz para vivir con dignidade e esperanza para construír un mundo mellor', manifestou Benedicto XVI na vixilia do que será a súa segunda viaxe a España.
Como fai cada vez que emprende unha viaxe, o Pontífice pediu aos fieis que lle acompañen coas súas oracións durante o mesmo. O papa Ratzinger, que leva a concha do peregrino no seu escudo papal, viaxa a Santiago de Compostela como un peregrino máis e como tal prostrarase aos pés do 'Señor Santiago', o Apóstolo Santiago o Maior, un dos discípulos de Jesús, cuxa estatua abrazará e rezará ante a urna que contén os seus restos, segundo a tradición católica.

Como a visita prodúcese no Ano Santo Jacobeo, o Pontífice atravesará tamén a Porta Santa. O Papa viaxa 'moi contento' e o Vaticano está convencido de que a visita 'será un éxito e a acolleita, óptima', segundo dixo o portavoz vaticano, Federico Lombardi.


Emilio González Padrón 1º Bach A
Comentarios (2) - Categoría Xeral - Publicado o 06-11-2010 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 A visita foi un exitazo, e os paus #blgtk08#que nos deron non estiveron mal...
Comentario por Jacques (08-11-2010 16:40)
2 Habemus papa en castelán, cando cambiou a catedral do mestre Mat#blgtk08#eo pola nova basílica de Gaudí aprendeu catalán. Vaites, vaites!
Comentario por xián bobillo (08-11-2010 18:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal