Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Folga en Ourense
A folga de lixo na cidade de Ourense finalizou despois de que representantes da empresa concesionaria do servizo de limpeza Ecourense e membros do Comité de Empresa chegasen a un acordo baixo a mediación do alcalde de Ourense, Franciso Rodríguez, na segunda reunión mantida durante este venres para desbloquear o conflito no sexto día de folga.

Ambas as dúas partes acordaron readmitir a traballadora despedida, Adelina Basteiro González, coa mesma categoría e cos mesmos dereitos adquiridos con anterioridade ao seu despedimento aínda que con traslado de oficina. Para iso, celebrarase un acto de conciliación no Xulgado do Social con carácter inmediato.

Así mesmo, Ecourense comprometeuse a retirar a demanda interposta ante o Xulgado do Social contra o Laudo Arbitral en materia de eleccións sindicais no mesmo momento que se produza o acto de conciliación entre as partes. A traballadora despedida presentábase ás devanditas eleccións coa CIG.

Deste modo, os traballadores da empresa Ecourense comezaron a limpar as rúas da cidade de Ourense tras chegar a un acordo para non descontar das súas nóminas os salarios dos días que permaneceron en folga, segundo sinalou o Comité de Empresa.

Nunha primeira reunión celebrada este venres, as partes realizaron importantes avances que se fraguaron na seguinte cita no despacho de Alcaldía minutos despois das 13.45 horas, tras a celebración do pleno do Concello de Ourense.

Nesta reunión, que se celebrou por espazo de quince minutos, estiveron presentes o alcalde de Ourense, o concelleiro de Limpeza de Ourense, Rodríguez Penín; a responsable da Área de Persoal do Concello de Ourense, Carmen Rodríguez Dacosta; representantes da empresa Ecourense, membros do Comité de Empresa e os líderes locais das organizacións sindicais.

Luis Manuel Lópes Almonte 2do Bach A
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 06-11-2010 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 A folga rematou o sábado,#blgtk08# Auria volve arrecender!
Comentario por xián bobillo (08-11-2010 18:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal