Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PS de G-PSOE denuncia que un opositor traballou na corrección de exames nas oposicións do Sergas
O portavoz da Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, denunciou no Parlamento que "un opositor participou na corrección de exames do Sergas" e ademais "rompeuse a cadea de custodia das probas". Así o dixo na comparecencia da directora de Recursos Humanos do Sergas para informar da auditoría sobre este proceso, na que Lage Tuñas esixiu a dimisión deste alto cargo, que non foi capaz de negar a denuncia formulada polo deputado socialista.

O viceportavoz do Grupo Socialista acusou á directora xeral de "mentir" na súa comparecencia do pasado 15 de abril, na que desmentiu a existencia de irregularidades nas devanditas probas. Este extremo, dixo, foi replicado polo informe do Valedor do Pobo, que "detectou numerosas irregularidades, pediu a revisión das oposicións e esixiu responsabilidades políticas".

En concreto, o parlamentario socialista evidenciou que "un dos dous auxiliares administrativos encargados de corrixir os exames foi tamén opositor nas probas que el mesmo participaba". Ademais, sinalou o informe do Alto Comisionado do Parlamento para sinalar que "tamén rompeuse a cadea de custodia" destes exames, e lembrou que "si unha persoa no seu cargo político nos Estados Unidos minte ten que dimitir e vostede aquí minteu o pasado 15 de abril como agora queda demostrado".

Lage Tuñas esixiu á directora xeral que explicara "qué responsabilidades políticas asume" logo de evidenciarse esta situación. Sinalou que tanto o informe do Valedor como o da Consellería de Presidencia sinalan que a sala de copia dos exames carecía de rexistro de entrada e saída, co que "non se sabe quén entrou nin saíu da mesma, co que o sixilo e confidencialidade depende da ética de cada funcionario que puido entrar e saír sen ningún tipo de control de seguridade", o que cualificou de "escándalo".


Lage Tuñas considera "bastante torpe" que esta alto cargo "veña de novo ao Parlamento a negar a evidencia" sobre as irregularidades nestas probas selectivas seis meses despois da súa primeira comparecencia e cando o informe do Valedor do Pobo desmentiu tódalas afirmacións emitidas o pasado 15 de abril. Lembrou que "vostede é a responsable" destas irregularidades e polo tanto "terá que asumir as consecuencias dunha nefasta xestión".

Míriam López 2do Bach A
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 06-11-2010 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Esta é noticia que confirma o trapalleirismo e a actitude cacique dos nosos gobernates. #blgtk08#Indignate e vexatorio para todos os opositores que se deben sentir aldraxados! Dimisión!
Comentario por xián bobillo (08-11-2010 18:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal