Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Pilar García Negro gaña o premio de ensaio Vicente Risco cun traballo sobre a figura de Rosalía de Castro
A escritora e catedrática de Literatura Pilar García Negro é a gañadora do premio de ensaio Vicente Risco de Ciencias Sociais por un traballo sobre Rosalía de Castro titulado O clamor da rebeldía. O nacemento do ensaio na literatura galega contemporánea, simultáneo ao nacemento da conciencia de xénero: análise e interpretación de textos rosalianos .

O fallo, emitido onte na sede da editorial Sotelo Blanco, foi por unanimidade dun xurado que destacou da obra gañadora a madurez da reflexión que fai a autora da figura de Rosalía «non só como fundadora da literatura galega contemporánea senón tamén como membro dun colectivo que nunha situación totalmente adversa e de xeral desprestixio de Galicia e dos galegos soubo reivindicar a lingua galega e tamén a dignidade das galegas e galegos como pobo». Salientaron, ademais, a alta calidade dos textos que concorreron este ano, nomeadamente tres deles.

Os especialistas en distintas áreas de ciencias sociais que tomaron o acordo son o catedrático de Arqueoloxía Fernando Acuña Castroviejo, en representación do Concello de Castro Caldelas; a concelleira de Cultura de Allariz, Teresa Devesa Graña; o arqueólogo Luís Martínez-Risco Daviña, en nome da Fundación Vicente Risco; o catedrático de Filoloxía da USC Francisco Fernández Rei no da Fundación Sotelo Blanco; e Xosé María Aguileta Franco, que actuou en representación destas dúas últimas entidades, convocantes do certame xunto cos concellos de Castro Caldelas e o de Allariz.

Pilar García Negro, que se presentou baixo o lema « Firmiter in re, suaviter in modo», é a cuarta autora deste galardón nas súas quince edicións. Esta dotado con 6.000 euros e a publicación da obra por Sotelo Blanco Edicións.

Alejandro Prieto
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2010 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Este premio está ben concedido, Pilar García Negro leva toda a súa vida a defender o galego, desde a súa plataforma na Universidade Norte ata o seu labor de normalizadora cando foi deputada. Outros premios acabados de cond#blgtk08#eder, como o Premio Otero Pedrayo, destinado a Manuel Fraga Iribarne, xa non o son tanto, entre outras cousas porque este expresidente da Xunta pouco o nada fixo polo galego, o nome de Otero queda desvirtuado na súa cerna.
Comentario por xián bobillo (01-11-2010 11:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal