Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un libro enxalza o termalismo en Galicia
O libro Os balnearios de Galicia. Orixe e desenvolvemento percorre a historia do termalismo en Galicia dende a época romana, “cando empeza a cultura da auga” dende as primeiras manifestacions do culto aos mananciais e as pegadas que, ao longo dos seculos, foron quedando do uso e explotacion dos establecementos termais no mundo antigo, as autoras tenden unha ponte entre unha practica milenaria e o termalismo e a balneoterapia, ata o século XXI, cando se produce un “renacemento” do sector no que se recupera o interese polas propiedades salutiferas dunhas augas unicas e privilexiadas.e a reivindicación da “calidade, cantidade e variedade” de augas mineromedicinais que existen no territorio galego.
Así o destacaron as súas dúas autoras, as doutoras en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) Raquel Casal e Silvia González, mestra e “avanzada discípula”, tal e como apuntaron en rolda de prensa. Na presentación desta obra, Casal resaltou a “dificultade” de escribir divulgación, sobre todo cando hai “falta de investigación científica neste campo”. Neste sentido, expuxo as súas “queixas” porque, segundo subliñou, os estudios arqueolóxicos adoitan producirlles “terror” aos donos dos balnearios e, ademais, as administracións “atrasan” estes labores con trámites e regulacións.
Pola súa banda, González destacou algunhas “das marabillas” que se poden atopar na comunidade galega, como o balneario de Lugo e As Termas de Ourense, que “sobreviven” dende a Idade Media. O xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor, avogou por “facer un esforzo” en diferenciar os meros spas dos servizos que presta o termalismo –con augas mineromedicinais–, posto que Galicia “lidera” este sector en España fronte a outras comunidades autónomas “de sol e praia”, abandeiradas nas instalacións de spa.

ester Fernández
Comentarios (3) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2010 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Viva o Spa e #blgtk08#o termalismo!
Comentario por xián bobillo (01-11-2010 11:41)
2 Pareceme moi ben como se leva potenciado unha riqueza tan extraordinaria coma esta que temos na nosa provincia. As nosas termas son espect#blgtk08#aculares debemos valorar o que temos. Pareceme moi importante a labor que se está a levar a cabo de rehabilitacion destes espazos termais.
Comentario por opmedela (02-11-2010 13:32)
3 Temos que diferencia entre un simple spa e unhas termas coma as que temos en Ourense, non se pode comparar. As nosas augas, #blgtk08#o entorno non se poden comarar cos spa modernos que non teñen augas mineromedicinais. Supón tamén un gran reclamo turístico.
Comentario por cfcontrera (02-11-2010 13:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal