Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Luís Seoane: creador polifacético
Co motivo do centenario do nacemento de Luís Seoane, un home polifacético no que se podían destacar diversas facetas como : editor, ilustrador, muralista , gravador , pintor, dramaturgo,...Organizáronse varias exposicións sobre a súa vida e obra recollendo desde varios puntos de vista a súa densa e larga traxectoria, unha delas organizada pola Fundación Caixa Galicia na Coruña , con máis de trescentas cincuenta obras e centos de documentos e fotografías.
Xosé Díaz, o comisario da mostra , organizouna partindo de lugares simbólicos, trazados non so pola posición xeográfica senón tamén polo territorio da memoria , indagar na ideoloxía do intelectual e na súa creación plástica.
Hoxe por hoxe é incuestionable que a labor realizada por Seoane , iniciada na vangarda da preguerra e consolidada despois no exilio , ten connotacións que traspasan o ámbito local , sen embargo , o interese que esperte a súa creación está reducida o ámbito galego e arxentino , circunstancia que se lle imputa , con razón , o réxime que durante máis de corenta anos silenciou en España calquera tipo de creatividade transformadora. Non como no caso de outros creadores estranxeiros como George Grosz, moi admirado por Seoane, cuxa obra tivo unha proxección, mais xeneral e extensa, mais universal
O que tenta esta mostra é amosar a riqueza da complexa personalidade deste creador plástico promotor de empresas culturais, deseñador, editor, escritor e xornalista, sen deixar de lado algo tan importante na súa vida como foi o activismo político.


María Álvarez Álvarez
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2010 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Debemos propor a Seoane para as exposicións orais vindeiras. Meréceo de igual xeito#blgtk08# que o libro de Neira Vilas, Memorias dun neno labrego, que está de conmemoración.
Comentario por xián bobillo (01-11-2010 11:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal