Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Brais Rodríguez gaña a sexta edición do premio Castelao de banda deseñada
Brais Rodríguez mete os personaxes nunha guerra e deixa que reaccionen a súa maneira. Eles mesmos son os encargados de construír un alegato antibelicista, que se move no moderno, porque o estilo que o debuxante emprega ten que ver coa banda deseñada máis nova, de trazo eficaz.
O premio Castelao, convocado pola Deputación, detense na súa sexta edición na obra “A man do diaño”, dun autor coruñés que comezou a facer xermolar a idea de conflito vencellado ao home hai tempo, para darlle forma a través de tres protagonistas cunha misión non ética por diante, deseñados para responder de forma diferente ás situacións que se lles presentan no fronte.
Un xurado composto polo presidente da institución provincial, Salvador Fernández Moreda; a deputada responsable de Cultura, Caridad González-Cerviño, e os expertos Ángel de la Calle e Carlos Portela, xunto ao comisario, Miguelanxo Prado, decidiron premiar o cómic polo uso acertado dos recursos narrativos, que lle dan a forza necesaria para converter unha anécdota sinxela, “nun relato ucrónico e un alegato humanista e antibelicista”.
Brais Rodríguez sinalaba que a intención estaba en plasmar co lapis o punto de vista humano e forzar aos personaxes de personalidades moi distintas a toparse con trances complicados, que precisan dunha resposta.
O autor destacaba a importancia do premio en si, que de seguro lle vai a motivar para seguir a crear viñetas, un mundo difícil ao igual que as demais manifestacións artísticas, aseguraba. O gañador comezou a trazar historietas con 19 anos para perfeccionar a súa técnica na facultade de Belas Artes e pensar no cómic como unha actividade seria.

Alba Muñoz López , 2º BACH B
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2010 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Benvidas as novas sobre o cómic. Este formato literario, e digo ben, de tanta importancia no mundo anglosaxón, sempre foi unha refer#blgtk08#encia básica para animar a novos lectores e lecturas. Convídovos a realizar un no colexio, que tal sobre o homenaxeado Lois Pereiro?
Comentario por xián bobillo (01-11-2010 11:46)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal