Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia recortou o dobre de paro co seu 'efecto Xacobeo'

6.500 desempregados menos este verán volven deixar o total por debaixo do teito dos douscentos mil. O recorte do 3,22% é 1,5 puntos mellor que a media estatal, aínda que a maioría son contratos temporais. Ao sol que máis quenta, os raios do efecto Xacobeo, Galicia volveu ser capaz de superar de novo a España en materia laboral. Fíxoo durante o terceiro trimestre, nos meses de verán, segundo datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), que detalla a desaparición de 6.500 parados galegos, un 3,22% menos que no segundo trimestre. No conxunto do Estado, o recorte limitouse nos meses estivais ao 1,52%, con 70.800 desempregados menos. A comunidade logrou descender da cota das duascentas mil persoas sen traballo (195.300), mentres o número total de españois sen ocupación se situaba en 4.574.700. Non hai dúbida de que o impacto das bendicións do Ano Santo no sector turístico impulsou as contratacións no sector servizos. Todos os sectores incrementaron a actividade e o emprego, a excepción da industria. Todo iso propiciou que mentres España se enfronta a unha taxa de paro do 19,79%, demasiado preto do temido vinte que se prevé superar ao peche do ano, Galicia aínda non se chegue ao quince, pechando o trimestre no 14,86%.
Non obstante, fontes sindicais de UGT Galicia advertían onte do aumento da temporalidade que supón este tipo de contratacións ligadas á campaña de verán, e recordaron que Galicia "é a primeira comunidade autónoma en incremento do desemprego en termos interanuais". Así, fronte ao terceiro trimestre de 2009, o paro creceu en 33.100 persoas, ou 20,4%; é o dobre da media española, onde o número de persoas sen emprego aumentou un 10,95%, incrementando en 451.400 persoas o número das persoas que buscan unha ocupación.

Christian García
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2010 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Realmente o paro está recurtado ou isto é mentres dure o día dura a romaría? Pensades que eventos como este solucionan a grave crise de desemprego que ateaza a nosa co#blgtk08#munidade? Pola contra, non se fala do dispendio ou gasto de todos os fastos que implican organizar algo así. É compensábel para un goberno que preconiza a austeridade?
Comentario por xián bobillo (01-11-2010 11:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal