Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia ‘Variacións sobre a lectura’ reúnen a máis de 1.100 persoas
Máis de 1.100 persoas reúnense esta fin de semana nos os III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia, que se celebran ata mañá no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. O subdirector xeral de Centros, Francisco Castro, inaugurou hoxe estes encontros, organizados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Neste acto, o subdirector xeral de Centros agradeceu aos presentes “o voso interese na formación continua, que manifestades ao asistir a esta actividade coma esta”. Ademais, destacou o éxito da xornadas que, desde a primeira vez que se celebraron “veñen convocando en Compostela a un número cada vez maior de profesoras e profesores interesados por mellorar a súa formación, dispostos a reflexionar xuntos e compartir experiencias e coñecemento arredor do tema da lectura e das posibilidades da biblioteca escolar, como recurso para unha ensinanza de calidade”.
Neste sentido, o subdirector xeral de Centros explicou que a Consellería está a desenvolver unha estratexia de fomento da lectura, a través de diversos programas, co fin de converter as bibliotecas escolares en centros de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe. Así, adiantou que o orzamento previsto para o vindeiro ano 2011 pola Consellería de Educación para bibliotecas escolares e fomento da lectura supera os 2,3 millóns de euros, o que supón multiplicar por dous os recursos destinados a este fin, “á vista da excelente acollida que están a ter entre as comunidades educativas todas as iniciativas que se levan a cabo neste ámbito, e a necesidade de apoiar ao profesorado que está traballando nelas”.
Baixo o lema ‘Variacións sobre a lectura’, estas xornadas constitúen unha oportunidade para a difusión de experiencias que se están a levar a cabo en centros escolares galegos arredor da lectura. Así, trátase dun punto de encontro do gran colectivo galego das bibliotecas escolares para seguir ampliando as posibilidades de colaboración nun eido de tanta importancia en tempos de mudanzas tecnolóxicas.

Fátima Carballo
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2010 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Chegou esta iniciativa ao noso colexio? Non teño información ao res#blgtk08#pecto. Ou é unha proposta só para as bibliotecas de aula públicas?
Comentario por xián bobillo (01-11-2010 11:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal