Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Manuel Rivas e Uxía Senlle participarán no X aniversario da primeira fosa común exhumada, a de Priaranza (León)
Unha conferencia e un concerto de homenaxe, que inclúe xuíces, avogados, cantantes, antropólogos, músicos e familiares conmemorarán este sábado o décimo aniversario da exumación da primeira fosa común con vítimas da represión franquista, realizada o 23 de outubro do 2000 con técnicas arqueolóxicas e forenses en Priaranza del Bierzo (León). Este ano, foron recuperados os restos de trece civís republicanos, asesinados o 16 de outubro de 1936 na cidade de Leon, unha exumación da que surxíu o nacemento da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), que a partir daquel momento comezou unha movemento social en busca de persoas desaparecidas. Para recordar esa data, a ARMH preparou unha conferencia e un concerto de homenaxe, que servirá para reflexionar sobre o que ten acontecido nos últimos anos, falar sobre o que está diante, e adradecer o traballo de centos de persoas que permitiron, como indicaron fontes da Asociación ", moitas familias atoparon unha corrección que non recibiron de moitas institucións." Ademais, celebrarase a mesa redonda "Da memoria á xustiza", na que intervendrán o maxitrado emérito xuíz da Tribuna Supremo José Antonio Martín Pallin, o xuíz da Audiencia Nacional Ramón Sáez Valcárcel, e defensor da causa arxentina contra o franquismo Ana Messuti.

Andrea Estévez Álvarez 1ºA.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 23-10-2010 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Manuel Rivas é un exemplo na defensa da memoria histórica. Lembrade que foi el que suxeriu a nominación de Lois Per#blgtk08#eiro para este ano. Eran íntimos. O que non me gusta é ese titular inzado de castelanismos. Poñédevos mans á obra.
Comentario por xián bobillo (24-10-2010 12:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal