Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Marful saca a venta novo disco.
Marful revolucionou a música galega, converténdose nun grupo de culto entre a intelectualidade do seu país. A música de Marful expresa ideas, proclama sentimentos, describe paisaxes, narra historias. A música de Marful é unha exaltación da abstracción.
O seu último disco, publicado o 16 de setembro en Galicia e na vindeira semana en Portugal, xa esgotou en menos dun mes a primeira edición do seu novo disco Manual de sedución. Este álbum xa se converteu na súa composición máis surrealista ata o de agora.
Un disco que seduce en sosego, fai preguntas e acepta a contradición. Neste Manual de sedución o amante óptimo é unha crianza medrada, un (ou unha) exhibicionista emocional. Porque a sedución non é explícita, é maxín: o lugar onde se crían as cores e as mans tentan posibilidades.
Marful ensina a súa cara impresionista, as letras surrealistas e unha variedade tímbrica instrumental para danzar twist, slow, swing, pasodobres, xotas e mambos.
Os músicos que forman este grupo e a cantante que lle aporta a súa gran voz son: Marcos Teira, Pedro Pascual, Pablo Pascual e Ugia Pedreira.


Antía Rivas Oural, 1º BACH A
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2010 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Moi boa noticia. É certo que Marful é un referente. Hai anos xa este que vos fala programara a Uxía con outra formación nun pub da provincia de Ourense, enmarcado nunha programación cul#blgtk08#tural alternativa e fixeron as delicias mesturando pandeiretas, gaita de foles con hip-hop. Este ano vinos en directo e a súa música e letras son de moitos quilates. Para entendidos...
Comentario por xián bobillo (24-10-2010 12:21)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal