Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os mellores creadores de historias
A Casa da Xuventude de Ourense acolleu onte unha nova convocatoria, xa tradicional, cos mellores autores da banda deseñada de Galicia. Os galardones Xuventude Galicia Crea 2010 entregáronse nun acto no que participaron os directores xenerais de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, o delegado da Xunta, Rogelio Martínez, os xefes territoriais do Traballo e Cultura, José Selas e Gerardo Pumar, e o director da Casa da Xuventude, Benito Losada. Os galardones deste ano foron para José Domingo, que levóuse os 3.000 euros pola súa obra «Robot xigante»; Diego López, que fíxose cos 1.500 euros do segundo premio polo seu traballo «O humor de Mr. T.», e o terceiro galardón, dotado con 1.000 euros, foi para «Ombre umbre», de Miguel Taboada.

José Domingo, o gañador do certame da banda deseñada deste ano, publicou en diferentes cabeceiras nacionais e é autor de «Cuimhne: el fuego distante», con guión de Kike Benlloch. Traballou en Dygra como diseñador de personaxes e agora o fai no seu propio estudo profesional.

Tanto Ovidio Rodeiro como Francisco López incidiron na aposta da Xunta polo sector e polos creadores da banda deseñada de Galicia, destacando proxectos como a participación na feira de Barcelona o as mostras itinerantes.


María Gabriela Cortés Díaz, 2ºB bach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2010 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 É alucinante a cantidade de importantes iniciativas culturais e humanísticas que fomenta a Casa da Xuventude de Ourense. #blgtk08#Tan preto e tan distante do colexio ás veces. Está aí á vosa disposición, facédevos "okupas" dela e atrevédevos a entrar.
Comentario por xián bobillo (24-10-2010 12:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal