Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Chegan ó parlamento os presupostos de 2011.
A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, entregou este mércores ao Parlamento o proxecto de Presupostos para 2011 tras o visto bo do Consello da Xunta e defendeuno como "social e fiable". "Apostan --as contas-- pola estabilidade presupostaria, polo compromiso e permiten afrontar unha senda de crecemento o ano que vén", afirmou.
Fernández Currás fixo entrega do proxecto presupostario á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, por primeira vez en formato de libro electrónico para contribuír a eliminar o papel neste procedemento.
A conselleira reiterou que, ao seu xuízo, o novo modelo de financiamento é "claramente insuficiente" para Galicia e recordou que o Goberno galego se abstivo na aprobación deste sistema. Ao respecto, xustificou o sentido de voto porque entre os acordos se inclúe pagar a débeda das comunidades mediante uns prazos pactados e a liquidación a 2009 é de 1.900 millóns de euros. "Se non asinásemos, ¿imaxinan o presuposto que presentaría aquí?", reflexionou.
Para a conselleira, a interpretación "unilateral" que o Estado fai destes acordos fai que o modelo pase de ser "malo" a converterse nun "desastre". Ademais, defendeu o recurso ao financiamento público-privada, por 504 millóns de euros, e argumentou que se trata de "investimentos autofinanciables", pois requírese do socio privado a construción e o mantemento da infraestrutura e hai "unha repartición xeracional xusta".
Estas fórmulas público-privadas "se se fan ben, non computan" nin como déficit nin como débeda, afirmou para logo sinalar que é necesario que administración e socio "repartan os riscos axeitados" e que será preceptivo un informe de Facenda sobre o impacto que poidan ter estes proxectos nas contas públicas.

Ademais, repetiu a súa confianza en que Galicia crecerá un 1% en 2011 e cualificou de "esperanzadora" a estimación de que o paro se situará no 15,1% (a previsión para 2010 é do 15%). Manter esta porcentaxe supón que o aumento do número de parados roldará as 1.000 persoas e que a cifra ao inicio de 2012 será "máis ou menos" a do peche de 2010.
A Xunta espera rematar o presente exercicio en "equilibrio", é dicir, cun 0% de variación no produto interior bruto (PIB) galego. Pregunt acerca de se o Xacobeo non funcionou todo o ben que esperaba dado que a previsión para 2010 era crecer un 0,2%, Fernández Currás replicou que as actividades do Ano Santo "funcionaron moi ben" e que, aínda que o peche en equilibrio é "razoable", podería "mesmo mellorarse.
En relación coa Cidade da Cultura, indicou que o presuposto que se destine ao proxecto en 2011 terá que adaptarse á baixada na Consellería de Cultura e Turismo, pois ao non ser un dos departamentos sociais, contribuíu ao recorte do 24,7% que afrontan de media as áreas que non xestionan servizos básicos. En calquera caso, sinalou que está prevista a apertura de dous edificios e que un proxecto que "ata agora só foi gasto" reporte algún "retorno", que en principio prevé "modesto".


Sara Velasco Martínez, 1ºA.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2010 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Nova que é tanxencial ao galego, a non que se demostre se haberá máis ou menos diñeiro para o fomento da lingua #blgtk08#e en que ámbitos. Selecciode ben as novas e que sexan menos asépticas. Este é un blog apaixonado, ou debe ser...
Comentario por xián bobillo (24-10-2010 12:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal