Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Festival de Teatro de Ourense.
Ánxeles Cuña, directora da compañía Sarabela e do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), presentou o 21 deste mes a terceira edición do certame no auditorio cidade. Este foi un festival marcado polo recorte presupostario pero que quixo facer homenaxe ao actor, escenógrafo, iluminador e deseñador gráfico “o home do teatro total. Poeta do espazo, alquimista da luz e construtor de soños” Suso Díaz que finou hai pouco.
O programa de FITO celebrarase dende o 22 deste mes ata o 31 do mesmo, ofrecendo aos espectadores en nove días unha serie de 17 espectáculos. Ademais neste festival colaborarán distintas compañías, entre as cales atópase o grupo de Noruega Jo Stromgren Kompani, que en España só actuará en Madrid e no FITO, nesta última estarán con dous espectáculos “The convent” o día 28 e o 29 “The experiment” ámbolos dous no Auditorio de Ourense.


Noemy Dopazo González 2ºB bach.
Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2010 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Cómpre ilustr#blgtk08#ar esta nova.
Comentario por xián bobillo (24-10-2010 12:29)
2 Seguimos á esper#blgtk08#a da estampiña.
Comentario por xián bobillo (30-10-2010 16:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal