Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A saia da Carolina
Nun ambiente festivo, coa guía musical das pandereteiras, un nutrido grupo de veciños do concello pontevedrés de Marín entoaron onte na Alameda a canción A saia de Carolina.
Foi un acto reivindicativo do uso do idioma galego no ensino, a súa normalización na sociedade, e tamén unha protesta porque nun dos colexios da vila se lle ensine aos nenos esta canción popular galega en castelán baixo o título de “La falda de Carolina.”
No concerto-protesta víronse a moitos veciños anónimos, nun acto que tamén contou co apoio, aínda que non puido finalmente estar presente, do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín.
A convocatoria realizouna unha plataforma cívica creada en Marín expresamente para protestar polo que consideran un «insulto» ao idioma propio e ao sentido común da cidadanía.
Foi unha agrupación marinense, o Colectivo Nacionalista, do que Pedro Cortegoso é o portavoz, a que deu a voz de alarma ante o uso da canción galega en castelán nunha clase de sexto de primaria do colexio da Laxe. Para os convocantes do concerto de onte, o emprego desta tradución en Galicia é simplemente un «esconxuro ridiculista».
Esta tradución da composición popular galega suscitou acalorados debates en diversos ambitos, xa que se considera unha campaña de desprestixio da nosa lingua.
Uxia Paz 2ºBach A
Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2010 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 A foto está mal edi#blgtk08#tada. Coordinadora!
Comentario por xián bobillo (24-10-2010 12:29)
2 Hai que revisar #blgtk08#esta entrega xa!
Comentario por xián bobillo (30-10-2010 16:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal