Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O mundo do teatro alerta do “grave recorte” que a Xunta pretende en 2011
Ao final non serán 17 sinon 15, debido a reducción do presuposto, as compañías de América e Europa participarán dende hoxe até o 31 de outubro no Festival Internacional do Teatro de Ourense (FITO). O certame terá como prato forte a presencia da compañía teatral noruega ‘Jo Strogmen Kompani’, que realiza unha xira por Europa e só ofrecerá dúas paradas en España, unha en Madrid e a outra en Ourense.
O festival, estará adicado nesta ocasión a figura de Suso Díaz, actor e xefe técnico de Carabela Teatro e deste festival, falecido a pasada semana.
Ánxeles Cuña, alertou que os “anuncios de recortes do 50% para o teatro galego nos presupostos de Cultura para o 2011, son “graves” e pediu “unha reflexión porque concertos como o de Leonard Cohen custan tanto como o presuposto adicado aos 14 festivais de teatro galegos”. Ademáis, aseguro en oresencia de Juan Carlos Fasero, alto cargo da Xunta, que “ o sector teatral é precario e hai que reflexionar porque estamos en crise e todos temos que contribuír pero a aportación debería ser máis ecuánime e non atacar tan duramente ao sector cultural”
O certame contará con compañías de Arxentina, Chile, Ecuador, Portugal e Noruega. Dentro do territorio nacional, desplazarase grupos do País Vasco, Cataluña, Madrid,Valencia e seis de Galicia.




MARÍA GONZÁLEZ PÉREZ 2ºB BACH
Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2010 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 O teatro escasemente pode ser rendíbel e os políticos sábeno. Alén do máis pode ser un territorio de cultivo de pensamento libre e iso#blgtk08# tamén sempre amolou ao poder. Malia a crise perpetua, o teatro subsiste, este tamén é outra milagre de pans e peixes, non vos parece?
Comentario por xián bobillo (24-10-2010 12:31)
2 Cómprenos unha #blgtk08#ilustración xa!
Comentario por xián bobillo (30-10-2010 16:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal