Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O festival “Fito” atrae ó teatro de América, Europa e España.
Como novidade, o festival rendirá homenaxe ó escenógrafo, iluminador, director, diseñador gráfico e actor Suso Díaz Seoane, relacionado co grupo Sarabela Teatro dende 1988.
En palabras da directora de Sarabela, Ánxeles Cuña, organizadora do FITO, Suso Díaz foi un ¨actor sutil, enxeñoso, complexo, capaz de emocionar ata as entrañas, polo que ningunha sombra pode apropiarse da súa luminosidade, por máis que os ollares estean húmidos por ter que escoitar os seus latexos dende a outra banda, seguiremos fundidos a el, máis aló de todo tempo, no espazo sideral¨.

No que fai referencia ó programa, dezasete compañías teatrais conforman o cartel desta iniciativa que chegará a lugares como o Auditorio Municipal, Teatro Principal, Campus Universitario e a rúa do Paseo.
O día 22 de outubro, no Auditorio, a compañía de Marta Carrasco, se encargará de abrir a programación do Festival, polo que pasarán outros grupos como Sapristi, La Mona Ilustre, Tangolpeando, Baraka, Malayerba, Companhia de Teatro de Braga, Jo Stromgren Kompani, Nuria Sotelo, Los Hedonistas, Femme Fatale, Nut Teatro y Ur Teatro.
Dende a organización do evento esperan unha alta participación do público ourensán no festival, que foi presentado oficialmente onte, e que procura formar públicos, acoller obras artísticas de referencia contemporáneas, descubrir proxectos de carácter experimental e transdisciplinar, atendendo así ás novas linguaxes artísticas no ámbito das artes escénicas.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2010 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Do panorama nacional recoméndovos que vexades a Nut Teatro. Son diferentes e que non vos perdades ocasión de p#blgtk08#asar polo Auditorio ou Teatro Principal, as entradas son moi bararas e o tempo sempre se consegue se un quere.
Comentario por xián bobillo (24-10-2010 12:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal