Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O noso inxenio ó fin é premiado
O anuncio "Maloserá!!!", da campaña Vivamos como galegos de Gadis, logrou un dos premios convocados pola Asociación Española de Anunciantes (AEA) e foi distinguido como o mellor anuncio de televisión en galego polo Consello Asesor da CRTVG e de RTVE en Galicia
A campaña Vivamos como galegos de Supermercados Gadis recibiu por segundo ano consecutivo un dos galardóns de maior prestixio profesional en España, os Premios á Eficacia da Publicidade 2010, convocados pola Asociación Española de Anunciantes. A gala de entrega dos premios celebrouse o xoves pasado pola noite en Madrid.
O anuncio "Maloserá!!!" logrou un Premio de Prata á Eficacia en Comunicación Comercial, nunha convocatoria na que participaron máis de 130 grandes marcas como Mc Donald´s, Movistar, Coca Cola, Campofrío, Nestlé ou Danone.
Os Premios Eficacia da Publicidade valoran, entre outros aspectos, os resultados obtidos pola campaña en canto a notoriedade e recordo. "Maloserá!!!" foi recoñecida tras a campaña por 8 de cada 10 galegos e o grao de vinculación coa marca Gadis é superior ó 70%. A campaña desenvolvida pola Axencia BAPC onde converteuse na máis vista da historia da publicidade en Galicia logrando unha importante difusión nos diferentes soportes publicitarios. En Internet logrou 160.000 descargas nos primeiros días e o recordo espontáneo superou o 60%. O Premio Eficacia da Publicidade 2010 da Asociación Española de Anunciantes súmase ó recoñecemento outorgado na XVII Edición dos Premios de Publicidade en Galego, convocados polo Consello Asesor da CRTVG e de RTVE en Galicia, que distinguiron o anuncio de Supermercados Gadis como o mellor anuncio de tele en galego do ano 2009.


www.youtube.com/watch?v=d9TSQr5n9Qo

Samuel Gallego 1º Bacharelato A
Anuncio
Comentarios (1) - Categoría Videos galegos - Publicado o 16-10-2010 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Ben, creo que xa vos dixen o que penso sobre o ditado MALOSERÁ: semella un chisco vitimista en relación a outros preferidos por quen escribe como BENSEGUROQUESI#blgtk08#HO! Non sei se algunha vez se rodará algo comercial con este segundo lema pero abofé que é máis vitalista que o outro aínda que a GADIS non lle vaia mal con el!
Comentario por xián bobillo (16-10-2010 18:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal