O pasado día 13 de outubro o actor da compañía Sarabela teatro Suso Díaz apareceu morto na súa residencia en Ourense por causas que se descoñecen.
O corpo sen vida do actor de 39 anos ,nado en Suíza en 1971 e vinculado ao grupo Sarabela desde 1988, apareceu na súa casa o martes despois de que non dera sinais de vida aos seus compañeiros para asistir a unha representación teatral que tiñan prevista para o mércores e da que Suso formaba parte.
A compañía Sarabela Teatro anunciou que suspende todas as funcións que tiñan previstas para os próximos días, incluída a súa participación na Feira Galega das Artes Escénicas. «Era un técnico perfecto, un escenógrafo grandioso, un iluminador emocionante, un deseñador gráfico contundente, un profesor e un actor cunha presenza magnífica», indicou Fernando Dacosta, actor de Sarabela Teatro e director da Mostra de Teatro Universitario de Ourense (Miteu).
O concelleiro de Cultura sumábase as decenas de testemuños de pésame, ao declarar que "la muerte de un actor o una actriz es de algún modo el fin de un sueño; ayer se nos fue un modo de comunicar, de hacer sentir y entretener: el propio. Suso Díaz. Las calles lloran hoy por Suso"
O actor que fora galardoado pola súa interpretación na obra A Esmorga, co premio Premio María Casares 2010, será enterrado hoxe as 5 da tarde na igrexa de Pazos de San Clodio en San Cibrao.
Elena Seijo 1º Bacharelato B |