Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

RECUPERAR AS TRADICIÓNS GALEGAS

Estamos a vivir nun mundo de globalización onde todos os medios de comunicación van encamiñados a perder as tradicións da nosa Galicia. Día tras día vánsenos impondo una cultura que non ten nada que ver ca dos nosos antergos. ¿Onde están as nosas raíces?, ¿Onde están as tradicións que durante séculos viviron os nosos antergos?
Non e normal que a un neno de hoxe lle preguntemos o que é unha gaita, un pandeiro, un redobrante, unhas terrañolas… e que non lle soen de nada pero sen embargo unha guitarra eléctrica, unha batería…. saiban o que son. Pois ningunha de estas cousas e malo coñecela. Temos que vivir o presente e o futuro sen esquecer o pasado.
Galicia é una das rexións con máis cultura de toda a Península, por non dicir a que máis. Debemos aprender nas escolas o que foi a nosa música tradicional para poder entender a nosa propia cultura. Temos instrumentos tan fermosos, que cando soan en conxunto, teñen a melodía da nosa identidade propia.
Aplaudamos iniciativas como a da Fundación da Real Banda de Gaitas de Ourense que na actualidade viaxa por todo o mundo dando a coñecer a Galicia. Se non fose así, quén nos coñecería fora das nosas fronteiras senón por a emigración dos nosos antergos.
O importante e que as nosas tradicións poden convivir coa modernidade e viceversa. Non esquezamos que somos galegos e que temos as nosas propias raíces.

Adrián 1º A
Comentarios (6) - Categoría Xeral - Publicado o 15-11-2009 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Adrián, nunca poderei apludir á Real Banda de Gaitas de Ourense. É unha vergoña para o pobo galego que estes Sres. vaian polo mundo adiante, "disque" representando á música tradicional galega. Non tes máis que velos, son#blgtk08# galegos? ...escoceses? Dá noxo velos.
Non sei se sabes todos os intereses económicos que detrás de todo isto ocultan Foxo, a súa muller e a extensa rede caciquil do PP. O de menos para eles é a música tradicional.
Comentario por xosé (15-11-2009 22:15)
2 Qué saberas Xosé do que é unha banda de gaitas. Aos compoñentes da Real Banda de Gaitas ou otra calquera impórtanlle tres pepinos si esta Foxo ou o PP detras dela. A música destas bandas por si non o sabes e a tr#blgtk08#adicional do mundo celta. Antes de criticar por que non leemos e documentámonos un pouco. Que fácil e falar sin implicación. A xente que esta nestas bandas fanno por amor a tradición e non a un partido político.
Comentario por Javier (22-11-2009 19:17)
3 Ao respecto do escrito por Javier, por certo moi saído de tono (debes intentar descansar máis, Javier, facer deporte, ir a un balneario...), e sen que isto se converta nun foro de debate, gustaríame aclarar dúas cuestíóns:

-Non coñezo a este Sr. nin creo que el tampouco me coñeza a min, polo que me parece un tanto aventurado, soltar frases como "Que saberás ti..." ou "Que fácil é falar sen implicación" xa que non sabemos con quen estamos a falar, nin un nin outro.

-Creo que Javier máis eu falamos de cousas distintas. Niso que el chama mundo "celta"-tamén cabería, segundo esta "argumentación"- a música irlandesa,pois tamén é "celta".
Mais...por ser esta, música "celta", pode ou debe ser considerada tamén como música galega?

Fique clara a diferenza:
Javier fala de "mundo celta".
Eu falo de MÚSICA TRADICIONAL GALEGA.

Como dixen antes, non intento converter isto dun foro de debate, e xa que logo, non volverei a entrar a opinar, pero antes vouvos deixar un artigo sobre o tema en cuestión por se puidera aclarar algo sobre este tema. Está extraído de : http://www.blogoteca.com/cartafoldomandeo/index.php?cod=73821.

A prensa recollía estes días pasados que María Faraldo gabábase de traer a Betanzos a Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, cunha nota que incluía un posado do seu director, o alleado Xosé Luis Foxo. Unha presenza aberrante nun marco histórico profanado e insultado polo director, que di basear a estética escocesa dos seus desfilantes en gaiteiros medievais como os das nervaduras da ábsida maior de San Francisco de Betanzos (como se na Idade Media houber máis prendas de vestir que saios de todas as medidas e gustos, e se acaso calzas para acompañar). Un insulto a tantos gaiteiros anónimos que manteron acesa, ao longo dos séculos, a dignidade e a identidade da nosa música tradicional.
Non quero aquí reiterar argumentos de ningún dos bandos da chamada guerra das gaitas entre os partidarios da nosa tradición e os achegados á estetica marcial que Foxo trouxo, alienado, de Escocia. Os parches dos tamborís e bombos galegos son de coiro (habían ser de coiro de cacique, como dí a canción!); os das gaitas marcianas de Foxo son plásticos, de fibra. As gaitas galegas teñen o roncón apuntando ao ceo e ronqueta e chión en ángulo cara o chan, mentres que as de Foxo imitan a feitura das escocesas, con tres roncos ao aire, e o son dos punteiros non é o mesmo. Os gaiteiros galegos tocaban sós, en cuartetos tradicionais ou en leda compaña, mais afastados do esquema de batallón militar dirixido por maza de xeneral e sen as baquetas a trazar composicións efémeras no aire entre golpe e golpe. Abonda comparar a digni#blgtk08#dade da imaxe do vello Rilo coa aberrante posta en escena das bandas de gaitas ourensás, plaxio insultante á nosa identidade.

O asunto non é casual: trátase unha vez máis de eliminar o noso, de difuminar en pátinas de pretendida universalidade o que nos fai diferentes e únicos (nin mellores nin peores, simplemente diferentes) a ollos do mundo. O galego molesta.

Este concerto coincide no tempo co anuncio de que a consellería dirixida polo máis cosmopaleto dos integrantes do executivo autonómico suprime o financiamento á Central Folque, o conservatorio profesional de música tradicional que hai en Galiza. Trátase de combatir activamente calquera cousa que sone a galega, do idioma á cultura.

As gaitas ourensano-escocesas son a proba evidente de que para moitos, calquera cousa que veña de fóra é mellor que o patrio por definición, e unha aldraxe á nosa cultura nacional e ao noso instrumento musical máis identificativo. Nada hai de malo en incorporar a gaita galega aos circuitos da vangarda, de onde a tiveron relegada os prexuízos contra o noso. Nada hai de malo un concerto composto para orquestra e gaita, unha misa para gaita ou pezas adaptadas doutras latitudes, coma rumbas ou polcas. O malo é pervetir a nosa gaita de xeito que deixa de ser a nosa gaita e queda en instrumento palleirán e acomplexado que non chega tampouco ao que se pretende imitar.
Ao tocar unha Seivane (para quen non o saiba, as Stradivarius das gaitas) conscientemente un está a se posicionar no bando da gaita galega nesta absurda guerra das gaitas sementada por un alleado que ten un patrocinador que deliberadamente financia estas extravagancias para tirar un torpedo máis contra a liña de flotación da nosa identidade nacional.
Por iso gustaríame que o concerto de hoxe fose un estrepitoso fracaso, e enténdase que nada malo desexo para os intérpretes que o farán coa mellor das intencións, nin coa Coral Polifónica que emprestará as súas voces para dúas pezas, segundo anuncia a prensa.
Desexo que os ideólogos desta aberración tomen nota do rexeitamento a estas gaitas marcianas por parte dos galegos e galegas de ben, orgullosos dos seus instrumentos tradicionais e da súa cultura propia.

E que para a próxima vez estes españolazos camuflados se decidan a poñer a un toureiro en pantalón curto, unha andaluza en traxe de papel plata ou unha paella con patacas no canto de arroz. Porque iso é o que están a facer ao hincharlle as veas á banda da deputación ourensá, que é á cultura tradicional galega o que o bombero torero á tauromaquia (coa evidente diferenza de que os galegos e galegas non precisamos martirizar ningún animal para gozar da nosa cultura).

Comentario por xosé (25-11-2009 16:44)
4 No soy gallega, ni siquiera soy española, pero creo que la cultura de los gallegos va mas allá del idioma, del baile, de las costumbres o de la música, creo que es un compendio de todo lo antes mencionado y de muchas cosas más (y que en la actualidad no se están defendiendo).
Tenemos a los partidos políticos inmersos en una guerra de poderes, pasando por encima de toda una comunidad y basando la defensa de la cultura, en la defensa del idioma. Políticos que creen que defendiendo el IDIOMA defienden su cultura. Pobres tontos aquellos que creen que sólo en el idioma yace la riqueza de una cultura… me dan risa y a la vez pena…
Tengo dos niños uno de 17 años y otro de 4, este ultimo gallego-dominicano de sangre y nacido en Galicia por circunstancias de la vida. Cuando llegue a España, hace casi 10 años, por suerte o desgracia fui a vivir a Cataluña en donde machacaron al mayor de mis hijos con el catalán, cosa que no entendía, pero aceptaba y yo misma estudié el catalán (durante tres años), al cabo de 4 años nos vinimos a vivir a Galicia (en donde nació mi pequeño) y cuando llegamos aquí nos dimos cuenta de que el catalán que tanto le machacaron a mi hijo, no le valía de nada (ya prácticamente lo hemos olvidamos), pero que lo poquísimo que le enseñaron sobre la cultura catalana eso si que le sumaba a nivel cultural, no le enseñaron prácticamente nada de lo que en realidad es la cultura cata#blgtk08#lana, lo que en realidad importaba...
Ahora estamos en Galicia tierra maravillosa, con gente extraordinaria, con una cultura riquísima y me daría mucha pena que mis dos hijos no conozcan nada de esta cultura… al pequeño, por lo pronto, lo tengo en baile gallego, pero cuando lo apunte a baile gallego algunas amigas (muy gallegas ellas) me decían que para que ponía el niño en baile gallego que eso era una pérdida de tiempo para el niño, que mejor lo apuntara a pintura o a cualquier cosa que el niño le pudiera sacar más provecho… jajaja pensé “Dios mío y estas son las gallegas que se honran en decir que gracias a Dios ya no vivimos en los tiempos en los que se prohibía hablar el gallego o se imponía el castellano”, jajaja que gallegas… no estoy en contra del IDIOMA GALLEGO, en contra de lo que estoy es de que se le dé más importancia al IDIOMA que a otras muchas cosas que conforman la CULTURA GALLEGA… y que se imponga, como en un tiempo se impuso el castellano… ¿O es que no se puede tener un término medio, y dar importancia a lo que en realidad lo tiene...?
Qué bonito seria que mis hijos, en un futuro, hablaran el gallego, pero más bonito sería que cuando estén en República Dominicana puedan hablarles a sus tíos, primos, abuelos y demás familiares sobre la cultura gallega, sus raíces, su historia… todo lo lindo de esta cultura…
Espero no haber ofendido a nadie con mi opinión…
Comentario por Lidya (30-11-2009 19:47)
5 Pido disculpas si mis palab#blgtk08#ras han ofendido a alguien…
Comentario por Lidya (30-11-2009 19:50)
6 Que vas ofender muller, que vas ofender!
Para i#blgtk08#so hai que argumentar, non expoñer prexuízos persoais.
Comentario por José Luis (12-07-2010 14:40)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal