Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sen Batuta


Os primeiros xoves de cada mes celébranse no Paraninfo do Instituto Ramón Otero Pedrayo unha serie de concertos da man de importantes autores e grupos moi representativos da música de cámara.
A música de cámara está escrita para un grupo pequeno de instrumentos, hai dous detalles que caracterizan este xénero musical: cada músico toca unha parte diferente e non hai director, os músicos deben situarse de forma que poidan mirarse entre sí.
Este estilo musical, para moitos descoñecido, intenta darse a coñecer mediante unha serie de sesións onde se pretende establecer un diálogo entre intérpretes e público.
Con estas xornadas preténdese achegar a música de cámara ós máis novos, procúrase que este segmento coñeza novos estilos musicais, e se interese por un tipo de música diferente, para iso, “sen batuta” creou un concurso para incentivar ós rapaces a que asistan a estes concertos con máis interese, o concurso premia a asistencia ós concertos e os coñecementos que os estudantes acadan unha vez que se familiarizan con este xénero musical, os premios consisten en diferentes gamas de “ipod”.
Estes concertos teñen lugar os primeiros xoves de cada mes ás 19.30 cunha charla-coloquio, e as 20.30 remata cun concerto da man dos profesionales máis destacados deste xénero.
Durante dez meses, poderemos deleitarnos desta nova experiencia a través de diferentes artistas internacionais que compartirán con nos o seu talento.

Marcos Rodríguez 2º B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2009 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal