Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha iniciativa ENDL pública
Promoción e uso do galego no IES Arzúa


SARA GARCÍA DOPAZO

A Santa Irmandade, a Irmandade vinda do ceo, a tola ou a Irmandade Fusquenlla… Moitos nomes e só un significado para designar a un colectivo popular (campesiños, burguesía, baixa nobreza, etc.) Que se irmandou durante o s. XI e s. XIV en Galicia para a defensa dos seus intereses frente ós abusos dos grandes señores. Un movemento social que dá nome a revista del IES Arzúa da Coruña, 'Fusquenlla ', vehículo de expresión do centro.

USO DO GALEGO. Naceu hai máis de 20 anos cunha clara vocación de promover a normalización do uso da lingua galega en ámbitos cultos. Motivo polo que son frecuentes os artigos referidos a polémica das linguas minorizadas, sen esquecer "as iniciativas, accións e problemáticas que xorden no centro que se poden extrapolar para o mundo: a xeopolítica, minorías sociais, galeguismo, música, sexualidade, etc."

PREPARACIÓN. É coordinada, escrita e editada polo Equipo de normalización lingüística do instituto coa constante participación dos alumnos. Busca fomentar a creatividade, o espírito crítico e a liberdade de expresión da comunidade escolar baixo un ton poético, irónico e provocador. Aínda que a revista está presente todo o ano é a partir de abril, cando a súa preparación ten carácter primordial para cumprir coa súa cita ao final do curso.

DATOS. Ten 66 páxinas e un esqueleto fixo con espacios destinados a opinión, creación literaria, estudios monográficos, actividades lúdicas, etc. De periocidade anual, tira 300 exemplares que reparte de balde na comunidade. Os contidos da revista tamén están incluídos no blog da revista.



Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-11-2009 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal