Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fito

FESTIVAL DE TEATRO EN OURENSE

O día 27 de outubro comezou o festival de teatro de Ourense que durara ata o 2 de Novembro con numerosas obras de doce compañías profesionais que se suman así as da Mostra Internacional de Teatro Universitario.
Este novo festival nace para converter a Ourense en “ imán cultural” da mesma forma que outras persoas van dende aquí a ver espectáculos a outras zonas da Península Ibérica
Ánxeles Cuña responsable do grupo teatral Sarabela e directora do MITEU e a MOTI agregou que agora tendemos pontes para que outras persoas veñan aquí este Outono. Destacou do programa a actuación no primeiro dia do grupo “ Odin” de Dinamarca que representou baixo a dirección de Eugenio Barba, la obra “ Las grandes cidades bajo la Luna”, da corrente teatral “ antropolóxica” que desde vai corenta e cinco anos investiga a conexión con outras culturas que vira por primeira vez con esta obra a Galicia.
Entre as grandes compañías que participan no festival, Anxeles Cuña referiuse a repremiada non seus trinta e sete anos de historia “ La cuadra” de Sevilla, que antonte representou “ Flamenco para Traviata” cun espectáculo de raíz e de cante e tamén referiuse a Els Joglars, que representará o seu ultimo montaxe “ La cena “
Tamén participara a compañía “ Pe de Vento” de Brasil, coa súa obra “ Coas malas prontas” o dia 31 de Outubro e “ Mundo Perfeito” de Potugal con “ A festa” que será a ultima representación de FITO, xa prevista para o dia 2 de Novembro.
Ademais de todas as representación incluirá unha xornada laboral e convenios do sector galego.
Ourense converterase nunha sucesión de escearios para o lecer, para os que queiran mais dosis de teatro e para que a cidade floreza neste Outono que estamos a vivir.

Anxeles Cuña tamén añadiu por ultimo que nos últimos meses de este ano Ourense acollera o Outono Fotográfico e O Festival Internacional de Cine en distintos recintos da cidade de Ourense.
VIVAMOS O TEATRO
Elena Fernández Silva 1º Bacharelato A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 08-11-2009 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal